domingo, 28 de xuño de 2020

IrMarGo

A MAGA BAILARINA!!!

Tras seis anos de grandísima dureza e complexidade infinita, cun esforzo sobrehumano invertido nunha inmensidade de horas e de bastantes vivencias perdidas que xa nunca volverán nos deixamos guiar pola luz lunar e polo vento do norte hacia unha nova aventura que resultou ser maxicamente enriquecedora, sanadora, equilibradora e liberadora.

A nosa linda maga bailarina IrMarGo apareceu por arte de birlibirloque e cun toque aquí e outro acolá conseguiu liberarnos das nosas ataduras, dos nosos medos... e logrou coa súa marabillosa maxia que en cada paso dado fósemos capaces de mirar e desfrutar cada xigantesco minúsculo agasallo da vida. 

O primeiro encontro foi simplemente máxico e nunca esquecerei o intre no que a mirada da nosa linda maga IrMarGo e a mirada da nosa pequecha estrela Icía se interconectaron e os seus corpos iniciaron un fermosísimo baile natural e inmensamente terapéutico. 

Este inesquecible momento máxico vivido foi enriquecéndose con múltiples encontros que trouxeron para a pequechiña un feixe de pequenos grandes avances cheos de posibilidades na súa vida diaria e fermosas risas que eran capaces de encher o máis tremendo dos baleiros.

Eu observaba sorprendida a máxica conexión entre a nosa maga e a nosa estrela. Esa conexión crecente fixo que o meu asombro e a miña admiración crecera en cada encontro enriquecedor, sanador, equilibrador e liberador vivido tras a miña atenta e agradecida mirada dende a miña mente e dende o meu corazón.

Sempre agradecidas por cada baile vivido!!!





... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

luns, 22 de xuño de 2020

ESTRELAS

ILUMINANDO O NOSO CAMIÑO!!!

Tras os seis primeiros aniños de vida de Icía mirando soamente a escura terra pola que os nosos pasiños ían debuxando o noso destino apareceron a Lúa Awel e o Sol Ruí que coa súa enerxía lunar e solar guiáronnos para que foramos capaces de mirar con atención máxima ao inmenso ceo e poder descubrir un fermosísimo firmamento cheíño de lindas estrelas que tintilarían ao son da Estrela Icía.

O campo enerxético creado con ese potente cambio na nosa mirada fixo que lindísimas estrelas que ata ese intre pasaban desapercibidas se converteran nunhas potentes compañeiras luminosas no noso camiño diverso e musical.




Esas fermosísimas estrelas compañeiras de viaxe nos arrolaron nun vaivén relaxante-estimulante/estimulante-relaxante que nos levou a crer firmemente posible o noso soño de facer o camiño ao andar guiadas pola luz estelar, lunar e solar do universo sideral. 




... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power