1. FeNd and De´S!!!
2013- 2014
Todo o meu mundo xira e xira sen parar ao compás da música dende ben cativiña porque o meu avó que era músico aprendeume pacientemente a "Solfa" e a escoita musical, porque o meu pai amaba inmensamente a música e sempre me acompañou no meu camiño musical, porque a miña nai me deu a oportunidade de encamiñarme no mundo da aprendizaxe musical e porque tiven a sorte do mundo mundial porque a vida me agasallou con dúas lindas mestras que me axudaron a descubrir os marabillosos segredos do mundo musical.
Cando a miña aventura vital chegou a ese punto no que tes que tomar a decisiva decisión de cal vai ser o camiño laboral a seguir o resto da túa vida souben que me encantaría intentar despertar a curativa "afición", a magnífica paixón e/ou a marabillosa profesión musical no mundo cativo do meu alumnado para que nun futuro oxalá non moi afastado consigan con todo o seu amor pola Música ser o motor do cambio para vivir nun musical mundo mellor.
Así que imaxinádevos cal foi a miña alegre sorpresa cando un día por arte de birlibirloque chegaron Fer, Nacho, Dani e Sara no tempiño do recreo a nosa aula de Música porque con gran ánimo querían vir a ensaiar no seu tempiño de descanso para preparar un pequeno gran concerto musical para o festival de fin de curso.
Sen dubidalo puxémonos mans á creación musical e con gran entusiasmo día a día conseguimos un marabilloso grupiño musical que foi unha inmensa fonte de felicidade para min como profe e como persoa nunha fase da miña vida que estaba sendo un pouquiño bastante difícil pola inmensa diversidade funcional de Icía.
Como era de esperar chegou o gran día no que o soño de "FeNd and De´s" se fixo realidade e foi un intre musical que xamais esqueceremos ningún dos cinco porque despois de moitos e moitos ensaios musicais creamos unha perfecta harmonía melódica que conseguiu facer vibrar a un público ben entregado para tod@s xuntiñ@s vivir acompasadamente unha inolvidable aventura musical.
Music for ever!!!
_________________________________________________
2. TOP SECRET!!!
2014- 2015
Tras vivir grandes intres musicais e vitais con FeNd and De´s nos ensaios mil no noso tempiño de descanso escolar e no marabilloso concerto finalis que a miña mente e o meu corazón estaban cheíños de notas e máis notas desexando que o destino nalgún momento da miña vida profesional estivera disposto a agasallarme con máis e máis cativada con gran potencial musical.
O destino portándose moito bene comigo non me fixo agardar demasiado tempiño porque poucos meses máis tarde; Sara, Anxo, Alberto e Noa en total e absoluto segredo, porque así foi o seu desexo, viñan con toda a ilusión do mundo mundial á nosa aula de Música no tempiño de lecer escolar para cantar e tocar sen parar pensando en dar un concerto musical.
En cada ensaio, pasiño a pasiño, meus músicos lindos foron superando dificultades, medos e demais cousiñas limitantes e foron facendo inmensamente máis grande todo o seu potencial musical e persoal nunha linda combinación musical a catro bandas.
Ese ano académico pasou algo que non contabamos ningún dos cinco e que eu xa non lembro moi ben o motivo pero non tivo lugar o esperado festival de fin de curso. Tras un triste intre de derrota pola sensación de frustración dos catro músicos por non poder facer o seu concerto, a luz inspiradora da miña cabeciña activouse e propúxenlles que podiamos facer un concerto con cada un dos meus grupiños de alumn@s e aceptaron encantad@s da vida.
Esta miña idea resultou ser un grandísimo agasallo da vida porque @s cinco puidemos desfrutar milleiros de veces a nosa paixón pola música con cada grupiño de asombrad@s espectadores que desfrutaron nota a nota da fermosa maxia creada por catro máis unha amantes da música.
Grandes momentos musicais vividos con Top Secret que sempre permanecerán anconrados na miña mente e no meu corazón.
Music for ever!!!
__________________________________________________
3. A ORQUESTRA DO TEMPO DE LECER!!!
2021- 2022
Tras uns aniños de interminable espera, por diversos motivos como a situación insólita que nos tocou vivir polo mal bichiño que nos obrigou a cambiar o curso do noso río musical, este ano, para a miña inmensa alegría, volveu a renacer a maxia musical na nosa aula de Música.
Todo comezou polo noso querido Diego que un inesperado e marabilloso día animouse a pedirme naturalmente se podía vir a practicar o piano no seu tempiño de lecer...
![]() |
05-11-2021 |
Nos seus primeiros ensaios, pasiño a pasiño, foise xuntando un bo grupiño de compis que querían acompañar ao noso intrépido pianista na súa aventura musical...
![]() |
29-11-2021 |
A cousiña foise animando pouquiño a pouquiño e moi pronto Oumaima estaba iniciando o seu novo camiño pianístico; Mauro e Dani decidiron practicar nos xilófonos as súas habilidades musicais e Carla, Erea e Laura descubriron que xuntiñas podían crecer musicalmente en todas as direccións inimaxinables. Tod@s foron creando un máxico ambiente no noso tempo de lecer cun fermosísimo toque musical...
![]() |
25-01-2022 |
Cada día no seu tempo de lecer, un bo grupiño de animosos músicos de 6ºD asomaba a cabeza, pola máxica porta do pasadizo segredo que sempre os invita a experimentar, descubrir e vivir aventuras fantasticamente musicais no marabilloso mundo da nosa aula musical...
![]() |
28-01-2022 |
O asunto da cuestión musical estaba a ser moi emocionante para vin porque cada intrépido músico se estaba animando con gran entusiasmo a probar a fantástica sonoridade de todos os instrumentos da nosa aula de Música e inclusive, un día a nosa musical Erea agasallou ao noso aventureiro grupiño cunha magnífica posibilidade de descubrir o seu instrumento base que é nada máis e nada menos que un violín...
![]() |
01-02-2022 |
As boas novas musicais vividas no noso tempiño de lecer pronto foron pasando de boca en boca entre todo o alumnado de sexto e pouquiño a pouquiño foron aparecendo novos músicos de todos os demais grupiños con ganiñas de descubrir por si mesmos o que estaba acontecendo na máxica aula de Música do noso intrépido cole...
![]() |
08-02-2022 |
En cada tempiño de recreo aparecían novos músicos con ganiñas de vivir un breve pero intenso intre musical e nunha desas visitas apareceu un alumno bastante máis cativo de idade ca maioría pero cunhas xigantescas ganiñas de descubrir o mundo musical da guitarra guitarreira...
![]() |
08-02-2022 |
Como ben podedes comprobar ao longo desta aventura musical, o número de intrépidos músicos ía subindo nun sutil pero intenso crescendo polo que a miña toliña cabeciña decidiu propoñerlles montar unha orquetra musical...
![]() |
10-02-2022 |
Uns músicos quedaron porque infinito era o seu entusiasmo, outros marcharon porque a tempo de lecer no patio estaba a chamar as súas xoguetonas portas e outros apareceron con ganiñas de descubrir o seu propio universo compartido musical...
![]() |
18-02-2022 |
Durante un tempiño, algúns dos meus queridos músicos parecían non saber se ir ao recreo ou quedar no noso universo musical porque as súas curiosas mentes e os seus agarimosos corazóns non sabían con certeza o mellor camiño a tomar...
![]() |
03-03-2022 |
Para a miña ledicia persoal e profesional, algúns dos meus lindos músicos xa eran realmente incondicionais e sen ausencia algunha seguían a vir cun marabilloso interese musical...
![]() |
07-03-2022 |
Na recta finalis do segundo trimestre a nosa orquestra do tempo de lecer xa tiña un moi xeitosiño e fantástico feixe de músicos que notiña a notiña foi conseguindo sentir no seu mundo interior individual a fortaleza enerxética positiva deste diverso grupiño musical...
![]() |
10-03-2022 |
A miña linda orquestra do tempo de lecer estaba cheíña de marabillosos músicos que conseguiron facer vibrar intensamente a miña alegría musical ao escoitar a súa marabillosa interpretación finalis porque un novo trimestre está a punto de comezar e non tod@s se quedarán...
![]() |
29-03-2022 |
No último trimestre aínda tiven a sorte de contar cun bo grupño de músicos aventureiros que quixeron seguir gozando da nosa orquestra musical no seu tempiño de lecer.
Ademais de seguir a tope coa nosa música, xa sabedes que no noso recuncho musical sempre anda polo aire a máis linda maxia que fixo nacer na miña cabeciña un novo impulso de crear un novo mural sobre a DiverCapacidade para decorar o taboleiro da entrada ao noso máxico mundo musical e darlle así o toque final a decoración escolar da "DiverCapacidade" do noso intrépido centro educativo que foi emerxendo ao longo deste aniño académico na miña cabeciñas e que as miñas mans foron facendo realidade paseniño a paseniño.
![]() |
AULA MÚSICA |
DINAMIZACIÓN GALEGO |
![]() |
PLURILINGÜE ENGLISH |
Así que pensando, pensando e pensando acendeuse a miña lámpada pensativa cunha artística idea que necesitaba da magnífica visión e representación creativa de Emily para plasmar a Icía e a "moi" nun marabilloso debuxo que en combinación coas miñas bailarinas letras xa forma parte da nosa vivencia creativa conxunta para sempre nos nosos corazóns e nas nosas cabeciñas...
![]() |
EMILY, SEMPRE NO NOSO CORAZÓN!!! |
Graciñas mil a toda a miña querida cativada que decidiu pasar algúns ou todos os seus tempiños de lecer na miña musical e creativa compañía porque para min sempre é marabillosamente fantástico vivir estas aventuras escolares e vitais con esta miúda xentiña tan artisticamente linda.
Music e Art for ever!!!
__________________________________________________
4. UNHA PERFECTA COMPOSICIÓN MusicVital NA "DiverCapacidade"!!!
2019- 2022
Tras miles e miles de estimulantes conversas co noso mellor compañeiro de aventura familiar, coas nosas inspiradoras familias diversas (Ruí&Family e Lúa&Family), co marabilloso profesorado de atención domiciliaria da nosa pequerrechiña (o profe BruLoFer, a profe MarOuPar e a profe MaGonRi), coa súa fermosa fisioterapeuta IrMarGo e coa nosa sorrinte logopeda VanEsBlan dimos un grandísimo pasiño para vivir intensamente marabillosas aventuras escolares e vitais no noso dinámico centro educativo con toda a cativada do grupo de referencia da nosa intrépida aventureira Icía durante uns aniños nos que fomos crecendo ben xuntiñ@s e aprendendo ao compás das nosas aventuras escolares que ao longo das nosas vidas sempre debemos intentar facer máis pequenos os nosos "Limits" e sempre debemos perseguir facer máis grandes os nosos "Powers" para soñar cun marabilloso mundo cheíño da máis linda "DiverCapacidade".
ICÍA POWER 2019 |
Para iniciar o camiño que mellor xeitiño que levando a nosa pequerrechiña ao cole na mellor das compañías inimaxinables, a nosa linda profe MaGonRi, para dar o primeiro de moitos pasos posteriores nunha senda ben marabillosamente enriquecedora, para contarlles toda a aventura vital, terapéutica e escolar da nosa pequena-gran aventureira Icía a unha cativada que quedou ben namorada...
23-05-2019 |
17-06-2019 |