luns, 26 de xullo de 2021

APERTAS

   "ICÍA ABRACITOS"!!!


Os "Limits" da "Divercapacidade"de Icía quizais non lle permitan expresar todo o seu inmenso mundo interior ao xeitiño que se considera erroneamente como "normal" ou quizais sexamos nós @s que non  teñamos a suficiente capacidade para comprender todo o que ela nos quere contar cos seus potentes sons, coas súas agarimosas miradas e cos seus alegres sorrisos.
 
Neste punto exacto da miña aventura vital no que a miña terrible caída foi tan significativa teño que mencionar que Icía tivo a capacidade de percibir dun xeito absolutamente asombroso o meu magoado corpo e a miña esgotada mente tras unha década de busca da súa mellor calidade de vida. 

Desa profunda percepción naceu en ela a necesidade de expresar o seu xigantesco mundo interior dándome a súa primeira aperta agarimosa para iniciar o camiño da miña recuperación enerxética vital. Pouquiño a pouquiño a pequechiña continuou a darme máis e máis lindas apertas curativas e converterse así na mellor terapeuta da súa mamá e así naceu un fermoso apelativo na cabeciña do seu papá que con todo o seu xigantesco amor comezou a chamala "Icía Abracitos".

Os "Powers"da "Divercapacidade" de Icía non paran de sorprendernos dende que esta intrépida gran pequerrechiña forma parte da nosa aventura familiar porque ela ten unha asombrosa e marabillosa filosofía vital cos seguintes fermosos principios: 

Non renderse nunca 
para
Intentar ser feliz
Ser moi agarimosa
para
Facer felices aos demais.
En definitiva,
Ser Icía Power!!!


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

xoves, 22 de xullo de 2021

CHORAR

  PARA NACER, ENTENDER E CRECER!!!


Cando chegou o intre da despedida de tantas marabillosas vivencias diarias a tres bandas coa nosa linda profe MaGonRi, a miña mente e o meu corazón foron o suficientemente fortes ou o sobradamente débiles como para necesitar chorar porque a soidade en binario envolveume de mil xeitos diferentes e fíxome sentir un exceso de triste e melancólica néboa silenciosa que me levou a caer para volver a nacer, entender e crecer.


Esa dolorosa caída penso eu que quizais chegou por un caudal demasiado inmenso de loita por acadar unha mellor calidade de vida da nosa intrépida aventureira, por bastante xentiña que non foi capaz de adaptarse ao noso paseniño ritmo vital e abandonou a nosa senda, por ciclos escolares e terapéuticos que chegaron ao seu obrigado fin diario provocando unha silenciosa tristeza, por un prognóstico de futuro que sempre nos produce un gran desacougo polo que acontecerá no novo camiño a percorrer con Icía.


Por cada unha das miles de nubes que voaban no meu interior naceu unha infinidade de incontables e inevitables bágoas que foron derramadas unha a unha polas miñas meixelas para chegar a terra que pisaban os meus pés para ser capaz de volver a florecer no mar das nosas musicais ilusións inclusivas .

... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power


martes, 20 de xullo de 2021

VALSE

 BOTARLLE GANIÑAS AO ASUNTO DE BAILAR!!!


A máxica profe MaGonRi, a intrépida alumna Icía e a incansable mamá Ceci aprendemos pasiño a pasiño a deixarnos envolver pola nosa fermosa composición escolar, vital e musical para xuntiñas botarlle ganiñas ao asunto de bailar un  marabilloso compás ternario porque vivir é tan fácil ou tan difícil como bailar un valse.


O noso magnífico valse coa profe MaGonRi estaba a un compás de chegar ao triste intre no que a nosa composición escolar tocáballe chegar ao "chimpón rematou". Pero a nosa composición vital percibiu que os nosos cruces de camiños tiñan unha promesa dun "continuará" na nosa inmortalidade musical porque os nosos puntos suspensivos sempre nos permitirán seguir botándolle ganiñas ao asunto de bailar coa nosa linda amiga MaGonRi. 


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power








martes, 13 de xullo de 2021

SOÑOS

 IDEAS PROXECTADAS, VERBAS EMITIDAS E 

EMOCIÓNS EXPRESADAS!!!


As ideas non proxectadas, as verbas non emitidas e as emocións non expresadas quizais vivan conxeladas nun mundo paralelo esperando o seu momento vital ou quizais vivan  agonizando para sempre no limbo das posibilidades perdidas!?

Icía e eu somos grandes soñadoras e pequenas loitadoras e animadas polos valentes pensamentos da nosa querida profe MaGonRi decidimos buscar a posibilidade de intentar atopar unha mellor senda para percorrer a aventura escolar da pequerrechiña e en definitiva, a súa mellor calidade de vida.

Pero hai momentos vitais que nos atopamos coa crúa realidade e os soños se cambalean e as loitas parecen perdidas.

Neses grises intres vitais necesitamos unha boa ración de música sanadora e unha estupenda dose de conversa enriquecedora que nos impulsen a seguir soñando cunha atención escolar personalizada e adaptada á Divercapacidade de Icía e a de cada alumn@ para decorar de milleiros de cores o noso mundo de soños por cumprir.

Querida profe MaGonRi, sempre agradecidas pola túa estimulante compañía musical e emocional para proxectar as nosas ideas, emitir as nosas verbas e expresar as nosas emocións para lograr un mundo mellor cheíño das infinitas cores da Divercapacidade.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power







domingo, 11 de xullo de 2021

APRENDIZAXES

NUN FANTÁSTICO MUNDO EDUCATIVO E PERSOAL!!!


O reloxo escolar de Icía sempre ten esa última gotiña de triste area que marca o remate do tempiño vivido xunto aos seus extraordinaridos e queridos profes. 

Neste preciso intre da súa aventura vital rematou un asombroso ano académico no que a superequetemegaprofe MaGonRi e a súa caixiña máxica das ideas, paseniño a paseniño, foi quen de crear un fantástico universo educativo para que a súa alumna Icía vivira a emocionante aventura das aprendizaxes evolutivas e dos descubrimentos vitais nun avanzar sen parar.

Neste preciso intre da miña aventura vital rematou un marabilloso ano académico no que as enriquecedoras e nutritivas conversas  coa superequetemegaprofe MaGonRi e a súa caixiña máxica dos pensamentos ensináronme a superar os meus paralizantes medos e animáronme a  camiñar un novo sendeiro inclusivo, emocional e educativo para @s compis da pequerrecha e para Icía un feixe de novas vivencias cheas de agarimo e inclusión natural no mundo escolar.

O fantástico do reloxo escolar deste ano académico foi que cando caeu esa última gotiña de triste area que marcaba o final do noso tempo escolar diario vivido xunto a profe MaGonRi, a maxia fixo das súas e por arte de birlibirloque o mecanismo xirou para agasallarnos con novas aventuras persoais a tres bandas.

Sempre agradecidas a maxia que nos permitiu sentir intensamente cada granciño de area vivido para crecer aprendendo e aprender crecendo a tres bandas e sempre esperanzadas de que a nosa maxia nos permita seguir desfrutando de novas e trepidantes aventuras vitais na compañía da nosa linda amiga MaGonRi.
... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

mércores, 7 de xullo de 2021

BAILES

TRÍO IMPERFECTAMENTE PERFECTO!!!


A marabillosa conexión persoal a tres bandas entre a profe MaGonRi, a súa pequena gran alumna Icía e eu foi crecendo paseniño a paseniño ao longo do noso tempiño escolar compartido que maxicamente decidiu agasallarnos con impresionantes aventuras vividas con grandísima intensidade por cada unha das integrantes deste trío perfectamente imperfecto ou imperfectamente perfecto.

Un mes antes de esgotarse o noso tempiño escolar compartido, eu tiven unha pequena gran necesidade de "bailar" os meus profundos pensamentos en voz alta  coas miñas dúas marabillosas compañeiras de trío para non deixar dentro o que me estaba atormentado  porque no meu ciclo vital atopábame nese preciso intre no que unha é plenamente consciente da necesidade de vivir intensamente a fugacidade do noso tempo vital coas persoas lindas da nosa vida, como coa nosa querida superequetemegaprofe MaGonRi. 

Graciñas mil por todo o que falamos, bailamos, aprendemos,  crecemos, compartimos e sentimos na túa inmensidade escolar e persoal, linda amiga MaGonRi.

Trío imperfectamente perfecto bailando ao compás forever!!!


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power


luns, 5 de xullo de 2021

CORES

 COMPARTINDO OS NOSOS LATEXOS!!!


A noite coa súa escuridade pode ser unha magnífica ocasión para escoitar e visualizar os nosos medos máis profundos e comprender que nesa escuridade nocturna sempre podemos chegar a percibir unha intensa e marabillosa enerxía guiadora que nos acompañará no noso camiñante renacer a un novo día coa súa revitalizante luz.

Icía e eu intentamos guiarnos por esa fascinante luz que nos permite estar sempre predispostas a percibir, na nosa calma tormentosa, os nosos latexos e intentar sempre sentir, na nosa tempestuosa serenidade, os latexos que se acompasan ritmicamente cos nosos porque deste xeito naturalmente natural a vida nos brinda  combinacións persoais marabillosas que nos conducen a vivir con gran intensidade as nosas enriquecedoras aventuras vitais.

As deusas luminosas todas quixeron agasallarnos cunha máxica e rítmica combinación in crescendo de diferentes latexos a tres bandas entre a profe MaGonRi, Icía e eu que en conxugación cunha boa base harmónica nacida da encantadora orientadora VanGilAbel orixinou a imperiosa necesidade de superar un dos meus máis soterrados medos limitantes.

A miña propia superación nacida da nosa combinación rítmica e harmónica con tan fermosas persoas fixo posible o crecemento dunha ilusionante melodía cheíña de múltiples boliñas  de cores musicais representativas dos diferentes latexos d@s compis da nosa intrépida pequerrechiña Icía.

Esta máxica, alucinante e magnífica mestura rítmica, harmónica e melódica compuxo unha partitura inclusivamente escolar que sentiu, sinte e oxalá sega a sentir o desexo dun mundo mellor na máis musical convivencia coa Divercapacidade. 

A nosa profe MaGon Ri e a nosa orientadora VanGilAbel sempre estarán presentes no noso pensamento e no noso corazón.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power


domingo, 4 de xullo de 2021

MaGonRi

 A CAIXIÑA MÁXICA DAS IDEAS!!!


Icía sempre ten presentes as súas inmensas limitacións de aprendizaxe pero estas son contrarrestadas porque tamén sempre ten un grandísimo potencial de superación. Así que Icía pasiño a pasiño e o seu xeitiño vai facendo o seu camiño para poder acadar as súas pequenas grandes metas vitais.

Neste intre da trepidante aventura vital e escolar de Icía apareceu por arte de birlibirloque a súa superequetemegaprofe MaGonRi que tiña grandísimos e fabulosos tesouros agochados na súa fermosa caixiña máxica das ideas. 

Os tesouros que agochaba a nosa lindísima profe MaGonRi na súa fantástica caixiña foron saíndo maxicamente dela, pouquiño a pouquiño, e non pararon de sorprendernos ao longo de toda a  aventura escolar e vital vivida a tres bandas porque a súa fortuna educativa e persoal era incalculable: sabedoría, observación, proxecto, investigación, empatía, creación e agarimo. 

Destes fabulosos tesouros da nosa querida profe MaGonRi brotaron as marabillosas e magníficas ideas que lograron que Icía avanzara, no complicado camiño de ascenso a súa gran montaña da aprendizaxe, na mellor das compañías. Esta enriquecedora compañía logrou que eu mesma me animara a superar un tremendo obstáculo mental que nos permitiu descubrir un próspero camiño a andar c@s compis de Icía e c@s profes que se animaron, se animan e oxalá se animarán a vivir connosco as nosas aventuras inclusivamente escolares de convivencia con Icía.

Sempre agradecidas coa maxia dos astros que nos quixeron agasallar coa mellor das compañías inimaxinables para aprender, vivir e soñar nun mundo mellor por sempre xamais.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power