CECI & AVENTUREIR@S 2022-2023

 01. CorpoPlanet e DiverCapacidade!!!

08-09-2022

O Equipo da Biblioteca Escolar invitounos a participar nunha proposta de temática global no noso dinámico centro educativo, "CorpoPlanet". Esta temática pareceunos moi interesante porque as novas xeracións son o noso futuro e deben aprender a coidar os seus corpos e as súas mentes para ter a fortaleza necesaria para coidar dun planeta que está sufrindo un acelerado deterioro nunca antes visto.

Neste novo ano académico partiremos do coidado dos nosos corpos comprendendo a necesidade de alimentarnos con froitas, verduras, legumes, lácteos, carnes e peixes dun xeito natural ou elaborados con moito agarimo nas nosas casiñas.

Podemos comezar comendo o tomate dun xeito natural nas nosas ensaladas ou podemos empregalo usando a nosa imaxinación como ingrediente fundamental para elaborar canelóns, pizza...
Ao comer deste marabilloso xeito natural e caseiro estaremos a coidar o noso corpo e a nosa mente nolo agradecerá eternamente. Ademais case sen darnos conta estaremos a coidar o noso planeta que está a tremer por tanta infinita cantidade de plástico empaquetando os alimentos procesados ou ultra procesados, inundando cada minúsculo recuncho terrestre e marítimo que necesita da nosa esperanza verde para navegar cun bo feixe de guerreir@s do arco da vella virando o destrutivo rumbo, agora xa.
Sempre tendo presente a nosa enriquecedora "DiverCapacidade" que seguiremos a vivir intensamente coa nosa intrépida aventureira Icía que sempre nos quere ensinar que todas as persoas temos "Limits" que debemos intentar facer cada vez máis pequenos e "Powers" que debemos conseguir facer cada vez máis grandes.
Ceci Music
________________________________________________

02. HOXE TOCA COMEZAR A VOLTA 47!!!

22-10-2022

Seica toca comezar unha nova volta neste toliño mundo que nalgunhas ocasións é tan superficial que parece profundo e noutras circunstancias é tan profundo que parece de mentira.

A miña sorte é que sempre me coida a miña querida música, a miña fascinante profesión e a miña linda xentiña para celebrar os intres felices por todo o alto e para poder curarme das feridas das miñas inesperadas caídas.

Graciñas mil a todas as amizades fermosas que aparecíchedes por arte de birlibirloque nalgunha das miñas voltas e reviravoltas e decidíchedes quedarvos para compartir intensamente as nosas aventuras vitais.
Seguiremos dando voltas e reviravoltas, sempre!!!
Ceci Music
________________________________________________

03. UNHA MIRADA MEIGA DESES TEUS OLLOS!!!

29-10-2022

Hoxe por un breve pero inmenso intre este toliño mundo deixou de xirar para vivir intensamente en vivo e en directo o fermoso universo creativo de Ugia Pedreira e do seu compañeiro de alegrías e fatigas, Pierrot Rougier que sempre andan a procura das súas marabillosas creacións artísticas para buscar esa mirada meiga nos ollos do seu público que cantou, bailou, riu e chorou coas miradas meigas deses seus ollos creativos que alumean para sempre nos corazóns d@s atrevid@s que sucamos os mares e subimos montañas para vivir un lindo concerto musical e vital nas Matinés de Pontevedra xunto con este magnífico par de dous.
Ceci Music
________________________________________________

04. OS ESQUELETOS NON PARAN QUIETOS!!!

31-10-2022

Os esqueletos saen das tubas
e comezan a camiñar
van avanzando como lles peta,
que lles estará a pasar?
Moven ombreiros, moven cadeiras,
moven os brazos, moven as mans,
moven os pés, moven as pernas,
xa comezaron a bailar.
Móvense xuntos ou separados,
pérdense e vólvense atopar.
Forman parellas, coreografías
e nunca deixan de bailar.

Dan dan dan dancing dan dan dan,
dan dan dan dancing dan dan dan.
Dan dan dan dancing dan dan dan,
os esqueletos veñen e van.

Os esqueletos non paran quietos
e van chegando do máis alá.
Na noite pecha moven os ósos,
tal que se foran a desarmar.
Os esqueletos tocan tambores
e instrumentos de percusión,
tocan pandeiras e tocan shakers,
tocan marimbas e xilófonos.
Moven ombreiros, moven cadeiras,
moven os brazos, moven as mans,
moven os pés, moven as pernas,
xa comezaron a bailar.

Dan dan dan dancing dan dan dan,
dan dan dan dancing dan dan dan.
Dan dan dan dancing dan dan dan,
os esqueletos veñen e van.

Os esqueletos non paran quietos!!!
Ceci Music
________________________________________________

05. O NOSO INFANTIL DEVIR COTIÁ!!!

22-11-2022

Que mellor xeito de iniciar o noso infantil devir cotiá que con positiva alegría porque ás veces no noso día luce o sol brillante e colorido para alumear a nosa senda e nalgunhas múltiples ocasións é a chuvia a que aparece non para mollar se non para limpar o noso camiño e poder continuar.
Agora imos con alegría ao mercado para comprar produtos da horta e de proximidade pero coidado que anda solta unha formiguiña que pica, pica e pica sen parar para a nosa vida alegrar.
Despois de tanto camiñar pasiño a pasiño con fermosa alegría toca poñerse a cociñar a sopa do nené e da nená cuns ingredientes ben curiosos que será a maior das delicias do mundo mundial para a miña cativada que sempre lembrará o seu alegre sabor con máxica ledicia.
A barriguiña xa está alegremente ben cheíña porque moita enerxía empregou a miña cativada na nosa dinámica escola para chegar a ser lindas persoas que conseguirán nun futuro non moi afastado, un mundo máis fermosamente mellor.
Xa nos toca mover alegremente un pouquiño o esqueleto que saudable mil por mil é, coa nosa amiga Carolina que se lle levanta a saia e sempre lle é moi mala de baixar.
Bailamos tanto que sen darnos conta a hora do alegre baño vai chegando e imos comezar apertando, empurrando  e apertando para ir pouquiño a pouquiño entrando no intre do cotiá descanso no que o sono vai chegando, chiscando un ollo, chiscando outro ollo e dicindo boa noite e ata mañá para un novo alegre infantil devir cotiá.

Graciñas mil a todo o meu alumnado de Educación Infantil porque coas súas mostras de alegría agarimosa me impulsan a seguir!!!
Ceci Music
________________________________________________

06. ICÍA ES XENIAL!!!

18-12-2022

Icía, en cada novo aniversario doume conta que es xenial porque grazas a túa inmensa fortaleza  sempre estás a intentar superar os teus Limits e fortalecer os teus Powers mentres inundas de alegría e agarimo as vidas de todas as fermosas persoas que por arte de birlibirloque aparecen na túa aventura vital e deciden libremente quedarse no teu ascenso na xigantesca montaña da DiverCapacidade.
 Parabéns, linda aventureira da DiverCapacidade!!!
Ceci Music
________________________________________________

07. UNHA ALGO ESPECIAL POLO NADAL!!!

22-12-2022

Cada Nadal o noso fogar
queremos decorar 
cunha árbore moi especial.
En cada póla algo debemos colgar
un detalle para iluminar
que non teña igual.
Cada Nadal no noso fogar
queremos cociñar
unha comida moi especial.
En cada menú algo debemos de elaborar
un manxar para saborear
que non teña igual.
Felices Festas e Feliz Aninovo 2023
Ceci Music
________________________________________________

08. ENRIQUECEDORAS CONVERSAS E A DURMIR!!!
13-01-2023

A miña aventura profesional me ten agasallado con fermosas persoas neste meu mundo escolar que pasiño a pasiño e de vagar se van transformando nun algo máis que compis de traballo. 
Esta máxica transformación acontece grazas a cada unha das miles de  enriquecedoras conversas, como a deste venres, onde se van cociñando os naturais ingredientes que un día por arte de birlibirloque converten esas relacións profesionais nunhas lindas amizades que te axudan a irte a durmir con moita marcha e lembrando ese fermoso espírito cativo que habita no corazón de toda persoa agardando a espertar.
Graciñas mil a maxia que nos une en fermosas amizades!!!
Ceci Music
________________________________________________

09. MERECIDO DÍA INTERNACIONAL DE THE BEATLES!!!
16-01-2023

Hoxe é o merecido Día Internacional de The Beatles porque este grupo musical foi quen de transformar a música ao mesmo tempo que impulsaba o cambio do mundo social, cultural, etc da súa época vital. Ademais os seus catro compoñentes coas súas diferentes DiverCapacidades fixeron máis grandes os seus Powers e máis pequenos os seus Limits mesturando xéneros, instrumentos, etc e experimentando novas formas de gravación nunca usadas na industria musical. Por todo o mencionado podemos dicir que sempre serán únicos e inmortais no imaxinario colectivo do noso ecosistema mundial.
Así que hoxe abrimos o noso corazón e a nosa mente para navegar ao fermoso ceo azul para atoparnos un lindo mar verde e nos animamos a vivir debaixo das reconfortantes ondas con todos @s nos@s amig@s mentres a mítica banda toca esta inmortal canción no seu submarino amarelo. 
Anímate a cantar con The Beatles para ser máis feliz!!!
Graciñas mil por cambiar o curso da historia musical!!!
Ceci Music
________________________________________________

10. DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E A PAZ!!!
30-01-2023

A nosa mente e o noso corazón son realmente asombrosos porque poden gardar nun recuncho moi afastado e agochado, lindas cancións que dalgún xeito ou por algún motivo deixaron unha pegada ben significativa nas nosas aventuras vitais.
Ata que un día, por arte de birlibirloque, unha desas cancións sae dese recuncho afastado e agochado para volver a teletransportarte a un máxico intre vivido e sen darte conta no propio rostro percibes que se debuxa un fermoso sorriso que te carga de enerxía vital para seguir soñando nun mundo sen Violencia e no que a Paz inunde todo o universo sideral.

Gañar ou perder, fundirse ou nadar
Unha cousa é segura que nunca cederemos
Lado a lado, man a man
Tod@s estamos unid@s
Xoga o xogo, loita contra a pelexa
Pero cal é o punto dunha noite fermosa
Brazo en brazo, man a man
Tod@s estamos unid@s
Manteñámonos quentes na noite
Camiña na luz, conseguiralo
Gañar ou perder, fundirse ou nadar
Unha cousa é segura que nunca cederemos
Lado a lado, man a man
Tod@s estamos unid@s

Ceci Music
________________________________________________

11. A EMPATÍA VAI MEDRANDO CADA DÍA!!!
14-02-2023

A empatía é esa marabillosa capacidade que debemos procurar facer cada vez máis grande para comprender emocionalmente o sentir das demais persoas que comparten connosco a súa aventura vital neste noso planeta.
A empatía é esa marabillosa capacidade que debemos intentar facer cada vez máis grande para participar afectivamente no sentir das demais persoas que habitan connosco a súa andaina vital neste noso mundo.
Grazas a empatía medrando cada día seremos capaces de crecer rodead@s de lindos amores e de máxicas amizades na nosa aventura vital para poder seguir soñando cun mundo agarimosamente máis fermoso.
Ceci Music
_______________________________________________

12. SINEAD O´CONNOR MULLER REBELDE CON CAUSA!!!
08-03-2023

Teño que confesar que esta artista leva na miña aventura vital dende a época da miña adolescencia porque penso eu que é unha xigantesca artista tanto pola súa inmensa fortaleza como pola súa enorme fraxilidade que transmite en cada afinado berro convertido en sutil murmurio en menos dun sutil refacho de tempo musical e sen esquecer ese toque de rebeldía que a fai tan ela e que moito tempo despois da miña adolescencia comprendín que era o reflectir da súa complicada aventura vital e profesional en combinación cuns lindos soños e cuns potentes ideais para que a humanidade puidera vivir nun mundo menos hostil e máis amable con cada diverso ser.
A verdade é que tiven a Sinead en modo descanso durante algún tempo debido a unha boa morea de propias cuestións persoais que serían demasiado complexas para relatar neste breve espazo virtual pero por algunha máxica razón no inicio deste ano tiven o natural impulso de volver a mergullarme na discografía desta profunda artista. Ese impulso penso eu que quizais teña a súa causa na miña propia necesidade vital de curación porque como di o seu maior éxito: "Nada pode deter a estas bágoas caer".
Tras escoitar a Sinead sen descanso parece que as deusas todas tiñan o marabilloso desexo de mergullarme aínda máis na vida e na obra desta artista e por arte de birlibirloque o destino puxo a meu alcance o documental "Sinead O´Connor: Nothing Compares" da directora Kathryn Ferguson. Tras este impactante documental seguín a buscar máis información sobre ela e descubrín o seu libro autobiográfico "Remenbranzas: Escenas dunha vida complicada". 

Todos os descubrimentos desta artista quizais aconteceran porque como relata nunha das súas cancións, esta artista é doutro lugar e doutro tempo porque ela, penso eu, síntese como moitas veces eu mesma, unha estraña a que ninguén quere ver coa súa forte fraxilidade ou a súa fráxil fortaleza pero sempre sendo capaz de buscar 8 boas razóns para crear e interpretar a dureza das nosas vidas coa nosa creatividade artística.
E soamente, me queda dar as grazas a esta xigantesca pequena artista e a esta pequena xigantesca muller por crear e interpretar como soamente ela sabe as terribles e inumerables complicacións da vida a través da súa música.
Ceci Music
_______________________________________________

13. CAMIÑANDO SOBRE UNHA CORDA NUNHA PRISIÓN SERPETEANTE!!!
20-04-2023

As palabras ditas están colgadas na miña mente e no meu corazón e esta terrible noite non podo apagalas porque penso en nós camiñando sobre unha corda sen rede protectora e sen poder escapar da nosa inevitable senda descendente.
A luz das estrelas filtrándose entre as nubes para permitirme ser escoitada no meu murmurio xa que non podo dicilo de novo en voz alta porque necesito seguir pescando soños sen permiso na miña prisión serpenteante e sen tratar de conectar máis puntos que xa deben marchar a outra misión lunar.
Ceci Music
_______________________________________________

14. PAPÁ, UNHA LUZ QUE BRILLA!!!
14-05-2023

Eu persigo incansablemente a túa luz na escuridade máis profunda porque terribles enfermidades viñeron a buscarte e fai un ano xustamente conseguiron atraparte no seu cegador feitizo. Soamente deixando as túas lindas pegadas para que eu sempre lembre que son a túa cativa filla e eu necesito que saibas que sempre estás presente no meu corazón latente e no meu pensamento envolvente.


Papá, sempre vexo a túa luz brillar!!!
Ceci Music
_______________________________________________

15. TINA TURNER, A RAÍÑA DO ROCK'N'ROLL!!!
24-05-2023

Tina Turner, a raíña do rock'n'roll tivo o seu musical corazón roto durante demasiado tempo na súa infancia e na súa primeira etapa profesional e amorosa sendo o seu particular refuxio o seu magnífico cantar enerxético.
Tina Turner, a raíña do rock'n'roll cantou con toda a súa inmensa fortaleza e bailou con toda a súa vibrante enerxía a súa determinación para así lograr vivir intensamente a súa vida e conseguir os seus maiores desexos musicais e lograr ser a mellor raíña do rock'n'roll.
Tina Turner, a raíña do rock'n'roll xa non necesita saber o camiño a casa porque seguindo a súa trepidante senda musical agora todoo o planeta sabemos que vive máis alá da cúpula do lóstrego inundando os nosos latexos musicais para sempre xamais.

Sempre serás a raíña do rock'n'roll!!!
Ceci Music
_______________________________________________

16. TESOURO!!!
30-06-2023

Pasiño a pasiño acabamos de chegar ao final dun ano académico ben intenso no que aprendemos a coidar o noso corpo e o noso planeta e seguimos crecendo na nosa fermosa DiverCapacidade facendo cada vez máis pequenos os nosos Limits e facendo cada vez máis grandes os nosos Powers para seguir soñando nun mundo infinitamente mellor para tutti.
Como non podía ser doutro xeito tras tanto traballo por superarse que mellor que facervos entrega deste pequeno gran Tesouro musical.

Tesouro de Niñodaguia

Bato forte as miñas mans
agora quero voar
ninguén me agarda
ningures é o meu fogar

Bico o sol e volvo baixar
fago círculo no ar
e se non chego
e que non quero chegar

Podería voar ata os teus pés
deixarme coller
Podería comer das túas mans
deixarme querer
máis deixaría de ser...
Aguia

Vou deixando todo atrás
non vexo as nubes pasar
a súa levidade chega ata min
con pés de lá

Entón déixome levar
escoito o vento zoar
e tan so lembro
aquelo que quero lembrar

Podería voar ata os teus pés
deixarme coller
Podería comer das túas mans
deixarme querer
máis deixaría de ser...
Aguia
Felices Vacacións a tutti e non vos esquezades de voar!!
Ceci Music
_______________________________________________ 
2022-2023