ICIA & AVENTUREIR@S 2019-?

1. DEIXARSE LEVAR POLO CORAZÓN!!!
18-01-2022

Son Icía e tiven a marabillosa sorte de vivir na miña primeira década neste fermoso planeta de  grandísimos intres vitais, terapéuticos e educativos coa lindísima xentiña que a tómbola da vida me agasallou para ser capaz de ir pasiño a pasiño escalando a miña altísima montaña da "DiverCapacidade" mentres desfrutaba de cada intrépida aventura na mellor das compañías vitais, terapéuticas e educativas con todo o meu agarimoso corazón.

Son Icía e o inicio da nova década non comezou todo o ben que esperabamos na miña familia porque despois de avanzar pasiño a pasiño pero a bo ritmo educativo grazas aos meus tres primeir@s fabulos@s profes chegou a miña vida educativa esa mestra que segue a súa severa liña recta de aprendizaxe sen ser capaz de escoitar, visualizar e sobre todo sentir a miña "DiverCapacidade" co seu recto corazón.

Son Icía e a vida pode ser ben curiosa porque na miña familia sentiamos que era necesario volver a vivir a miña vida educativa ao xeitiño anterior  a esta severa liña recta e coa chegada desta situación insólita que estamos a vivir polo mal bichiño que puxo as nosas vidas patas arriba fíxose realidade para poder volver sentir o latexo do meu amoroso corazón.

Son Icía e no tempiño de calma que nos invitou a vivir a quietude de estar en casiña para evitar situación de grave perigo co mal bichiño foi a miña nai que me coñece as mil marabillas a que me axudou a seguir escalando a miña alta montaña da "DiverCapacidade" a nivel vital, terapéutico e educativo e xuntiñas aprendemos que para lograr o noso soño o mellor sempre é deixarse levar polo corazón!!!
Icía Power
________________________________________________
Continuará...