CECI ART

 ARTisteANDO vOU curANDO!!!

Son Ceci e teño que confesar que xa de cativa me gustaba ben o mundo das cores e todas as súas múltiples posibilidades combinatorias que conseguían acabar sendo unha intento de artistada pola miña intrépida man e a miña activa mente.

Son Ceci e cando naceu Icía e comezou a nosa aventura da escalada na altísima montaña da "DiverCapacidade" sentín de novo a chamada do mundo das cores porque dun xeito marabillosamente natural conseguía evadirme da gran fatiga causada por tan inmenso esforzo por acadar o cume da nosa montaña.

Son Ceci e simplemente me deixo levar polo meu impulso colorista e deste xeito cada cor vai pintando o inmenso océano branco ou negro dos meus pensamentos segundo as circunstancias vitais vividas co meu corazón latexante e así ARTisteANDO vOU curANDO.

________________________________________________

01. "Eu fun feliz todos os días da miña vida, ao menos durante un ratiño, incluso nas circunstancias máis adversas" - Roberto Bolaño

CECI ARTisteANDO - 08/02/2021

02. "Foi raro, non puiden chorar, pero a miña alma estaba feita anacos" - Fiódor Dostovevski

CECI ARTisteANDO - 20/04/2021

03. "Rir fíxonos invencibles. Non como os que sempre gañan, senón como aqueles que nunca se renden" - Frida Khalo

IMOS INDO - Ceci Music - Abril 17

O maquinista é o Ruí
coa súa tropa quere sorrir
o seu tren podes subir
para cantar, bailar e rir

Imos indo e acompasando
a nosa intensa vida
co mundo que vai xirando
xira xira sen parar
e por nós non parece agardar

A exploradora Icía é
o noso mundo o alcance ten
co Ruí vai neste tren
e cos seus cantos feliz é

Imos indo e acompasando
a nosa intensa vida
co mundo que vai xirando
xira xira sen parar
e por nós non parece agardar

A nosa Lúa gústalle o mar
cos seus amigos quere viaxar
neste tren tan singular
coa súa luz nos guiará

Imos indo e acompasando
a nosa intensa vida
co mundo que vai xirando
xira xira sen parar
e por nós non parece agardar

CECI ARTisteANDO - 05/05/2021
Dedicado a Rui&Family e Lúa&Family
por ser brisa e vento
!!!

04. "Non son os máis fortes da especie os que sobreviven, nin os máis intelixentes. Sobreviven os máis flexibles e adaptables aos cambios" - Charles Darwin

VIVIR SOÑAR - Ceci Music - Abril 17

Pola mañá érgome cedo
porque quero ir navegar
cos meus amig@s surco os mares
e aventuras vivimos sen parar

Vivir Soñar 
cos meus amig@s é xenial
Vivir Soñar 
coa imaxinación sempre podemos xogar
Vivir Xogar
cos meus amig@s é xenial
Vivir Xogar
coa imaxinación sempre podemos soñar

Polo serán imos ao parque
porque quero ir a voar
cos meus amig@s subo nun globo
e das vistas gozamos ao viaxar

Vivir Soñar 
cos meus amig@s é xenial
Vivir Soñar 
coa imaxinación sempre podemos xogar
Vivir Xogar
cos meus amig@s é xenial
Vivir Xogar
coa imaxinación sempre podemos soñar

O anoitecer voume a cama
porque quero ir descansar
cos meus amig@s teño un soño
e mañá todo volve a comezar

Vivir Soñar 
cos meus amig@s é xenial
Vivir Soñar 
coa imaxinación sempre podemos xogar
Vivir Xogar
cos meus amig@s é xenial
Vivir Xogar
coa imaxinación sempre podemos soñar

CECI ARTisteANDO - 07/06/2021
Dedicado aos grupiños de compis de Icía
por vivir e soñar connosco!!!

05. "Agora non é momento de pensar non que non tes. Pensa no que podes facer co que hai" - Ernest Hemingway

MOVE O TEU CORPO - Ceci Music - Xuño 17

Move os dedos
Move as mans
Move os brazos sen parar
Move as cadeiras
Move as pernas
e dá un salto do revés

Eu quero Eu quero
oírvos cantar
Eu quero Eu quero
oírvos desfrutar
Eu quero Eu quero
vervos bailar
Eu quero Eu quero
vervos desfrutar

Move as dedas
Move os pés
Move as pernas sen querer
Move as cadeiras
Move as mans
e cos dediños dime ciao

Eu quero Eu quero
oírvos cantar
Eu quero Eu quero
oírvos desfrutar
Eu quero Eu quero
vervos bailar
Eu quero Eu quero
vervos desfrutar

CECI ARTisteANDO - 18/07/2021
Dedicado aos meus grupiños de compis
por vivir e soñar comigo!!!

06. "Equivócaste e moi a miúdo. Así é como se crece. Segue equivocándote pero escoita e aprende sempre. Non deixes que os fracasos te achaquen, non te agoches nun recanto para seguir. Sé sempre grande e audaz. Arríscate. Ninguén crece sen moitos tropezos" - Tennesse Williams

CECI ARTisteANDO - 04/10/2021

07. "Nas profundidades do inverno finalmente aprendín que no meu interior habitaba un verán invencible" - Albert Camus

CECI ARTisteANDO - 04/10/2021

08. "Mellor que perdoar, é curar a imaxinaria ferida, que o imaxinario agravio abriu no ferido ego, do aparente eu" - Aldous Huxley

CECI ARTisteANDO - 30/09/2020

09. "A paciencia é a cousa máis dura para o espírito. Pero é o máis duro e o único que merece a pena aprender. Todo o que é natureza, desenvolvemento, paz, prosperidade e beleza no mundo descansa na paciencia; require tempo, silencio, confianza" - Hermann Hesse

NO NOSO COLE - Ceci Music - Setembro 20

No noso cole imos estar ben
porque temos botellas de hidroxel
A máscara un debe traer
para o bichiño espantar unha e outra vez
Tod@s xunt@s podemos vencer
a este bicho e que non volva outra vez

Saudaremos co cóbado esta vez
para o covid conseguir repeler
Seguiremos as frechas unha e outra vez
Tod@s xunt@s podemos vencer
a este bicho e que non volva outra vez

Na distancia falaremos esta vez
para o compi conseguir protexer
Xogaremos co grupiño de dez
formaremos unha piña nunha linda "red"
No Calvo Sotelo podemos vencer
a este bicho e que non volva outra vez

CECI ARTisteANDO - 08/09/2020
Dedicado a toda a comunidade educativa
pola capacidade de adaptación!!!

10. "Aprender a liberarte de aquilo que precisaMENTE perder temes" - Mestre Yoda

CECI ARTisteANDO - 11/08/2020

 11. "Volvémonos máis sabios non pola lembranza do noso pasado, senón pola responsabilidade do noso futuro" - Bertrand Russell

CECI ARTisteANDO - 08/03/2021
12. "O futuro pertence a quenes creen na beleza dos seus soños" - Eleanor Rooselvelt

CECI ARTisteANDO - 01/02/2021
13. "Transmite o que aprendiches. Pero debilidade, erro e fracaso tamén. Sí, fracaso en especial. O mellor mestre o fracaso é. Somos o que chegan a ser. Esa é a gran carga de todo mestre"Mestre Yoda
CECI ARTisteANDO - 25/08/2020
Dedicado a "SuperTeresa" e "SuperIsa"
Sempre no meu corazón!!!

14. "Quen está vivo e non pode coa vida necesita unha man que aparte un tanto a desesperación que lle infunde o seu destino" - Franz Kafka
CECI ARTisteANDO - 12/10/2020

15. "Ámame cando menos o merezo porque é cando máis o necesito" - Paulo Coelho 
CECI ARTisteANDO - 04/04/2022

16. "O futuro pertence a quen cre na beleza dos seus soños" - Eleanor Rooselvelt
CECI ARTisteANDO - 31/03/2022
17. "Chega un momento no que é necesario abandonar as roupas usadas que xa teñen a forma do noso corpo e esquecer os camiños que nos levan sempre aos mesmos lugares. É o momento da travesía. E, se non ousamos emprendela, quedaremos para sempre á marxe de nós mesmos" - Fernando Pessoa
CECI ARTisteANDO - 07/04/2022
18. "Todos temos dentro unha insospeitada reserva de fortaleza que emerxe cando a vida nos pon a proba" - Isabel Allende
CECI ARTisteANDO - 06/04/22
19. "É tan difícil respirar o aire no que non estás" - Ricardo Arjona

AR AR AR - Ceci Music - Maio 22

Vivo sen poder respirAR

polo baleiro existencial

da túa ausencia vital

no noso devir cotiá


AR AR AR necesito moito AR

AR AR AR necesito respirAR

ao noso compás deixándose levAR

polo compás do noso respirAR


Vivo sen poder respirAR

pola sutil desconexión

do teu muro protector

paralizando o meu corazón


AR AR AR necesito moito AR

AR AR AR necesito respirAR

ao noso compás deixándose levAR

polo compás do noso respirAR


Vivo sen poder respirAR

polo vaivén de conexión

do teu mundo sideral

na nosa aventura dual


AR AR AR necesito moito AR

AR AR AR necesito respirAR

ao noso compás deixándose levAR

polo compás do noso respirAR


Vivo sen poder respirAR

polo terrible temor

dos teus puntos suspensivos

chegando a un punto e final


AR AR AR necesito moito AR

AR AR AR necesito respirAR

AR AR AR

ao noso compás

CECI ARTisteANDO - 22/05/22
Dedicado a unha linda persoa
por darme e quitarme o meu AR AR AR
!!!
20. "Non penso que crear arte sexa un camiño claro á felicidade ou á realización. Pero si é unha ferramenta para lidar coas túas loitas internas" - Grant Snider
CECI ARTisteANDO - 22/08/20
21. "O amor nunca morre de morte natural. Morre porque non sabemos como repoñer a súa fonte. Morre de cegueira, erros e traizóns. Morre de enfermidade, morre de cansazo" - Anaïs Nin
CECI ARTisteANDO - 24/01/21
22. "Ser nós mesmas fai que acabemos exiliadas por moitos outros. Sen embargo, cumprir co que outros queren nos causa exiliarnos de nós mesmas" - Clarissa Pinkola
CECI ARTisteANDO - 01/10/20
23. "Tornar o imposible posible, o difícil fácil e o fácil elegante" - Moshé Feldenkrais

O TODO E A NADA - Ceci Music - Maio 22

Desintegrarse no todo
Diluírse na auga
Evaporarse no aire
Desintegrarse na nada

Dor de divagación
Inmensidade atrapada
Latexo do meu corazón
Dor de aceptación

Sufrir sufrir sufrir por todo
Sufrir sufrir sufrir por nada
Vivir vivir vivir por todo
Vivir vivir vivir por nada

Estabilidade no todo
Estabilidade desexada
Estabilidade diluída
Estabilidade esperada
Estabilidade evaporada
Estabilidade na nada

Mil erros atrapados nun círculo concéntrico
xirando arredor do común punto esférico
afogarei as miñas bágoas na miña soidade acompañada
expandirei as miñas gargalladas na miña acompañada soidade

O TODO
A NADA
A NADA
O TODO
CECI ARTisteANDO - 10/06/22
Dedicado ao meu par de dous familiar
por ser o meu todo e a miña nada!!!
24. "Anos de amor foron esquecidos no odio dun minuto" - Edgar Allan Poe
CECI ARTisteANDO - 30/07/23
25. "O segredo, querida Alicia, é rodearse de persoas que te fagan sorrir o corazón. E entón e soamente entón que estarás no País das Marabillas" - Lewis Carroll
CECI ARTisteANDO - 07/09/2022
Dedicado a Sonia e a Xalo
por navegar sempre connosco!!!
26. "Algunhas cousas poden parecer nada e son todo. Hai que saber ver, aprender a valorar o que é pequeno e desperdiciar o que soamente é voluminoso. Nada que pareza grande ou que reluza excesivamente ten gran validez. O bo é o que sen grandes escintileos enche todo" - Carmen Laforet

PIRATAS DE MILES DE MARES - Ceci Music - Setembro 22

Piratas dos contos a Sonia é
navegando polas letras
sempre un sorriso ten
as palabras van soando
e alegría vai chegando
ao noso barco pirata

Pirata do amor a Icía é
agasallando mil apertas
sempre agarimo ten
inundando de ledicia
agarimosa os recunchos
deste noso barco pirata

Sucamos as ondas de miles de mares
buscando aventuras no noso barco pirata
uuuu navegamos eu e tú
iiii sempre sempre eu e ti
uuuu navegamos eu e tú
uuuuuu

Piratas das risas o Xalo é
viaxando co seu cactos
sempre el humor bo ten
gargalladas vai soltando
e debuxando o destino
deste noso barco pirata

Pirata da música Ceci é
dálle ao ritmo dálle as notas
sempre o swing ela ten
as cancións vai creando
e o temón vai xirando
neste noso barco pirata

Sucamos as ondas de miles de mares
buscando aventuras no noso barco pirata
uuuu navegamos eu e tú
iiii sempre sempre eu e ti
uuuu navegamos eu e tú
uuuuuu
CECI ARTisteANDO - 06/01/2023
Dedicado aos nos@s piratas
surcadores de miles de mares!!!

27. "O que vive sinceramente e atopa penas verdadeiras e desilusións, e non se deixa abater por elas, vale máis que o que ten sempre o vento en popa e soamente coñece unha prosperidade relativa" - Van Gogh

MAR VERTICAL - Ceci Music - Abril 23
Obradoiro con Ugia Pedreira e Lidia Luna

No vértice da nosa creación
detectei abrumada a túa diversidade funcional
e a negrura baixando pola escala diatónica meceume nun profundo modo menor

     Na culpabilidade da nosa creación 
agardei acurrucada ao canto do cuco
e o murmullo subindo pola escala cromática
espertoume nun movido modo maior

MAR VERTICAL, SUBO AO RITMO  DO MEU IMPULSO
MAR VERTICAL, VEÑO COAS MIÑAS ONDAS BUSCANDO A TÚA PAZ
MAR VERTICAL, BAIXO AO RITMO DO TEU COMPÁS
MAR VERTICAL, VOU COS MEUS PESARES BUSCANDO A TÚA PAZ

     Na escravitude da túa curación 
adormecín agazapada ao ritmo do silencio
e o desorden interno baixou ata o grave do
e zarandeume nun inmenso modo menor

     Na luminosidade da túa curación 
camiñei liberada polo camiño da DiverCapacidade
e a enerxía externa subiu ata o agudo do
e impulsoume nun sanador modo maior
CECI ARTisteANDO - 06/01/2023
Dedicado a miña querida Madame Pedreira
por ser o meu vento do norte
!!!

28. "Penso que o amor é o encontro da harmonía co outro" - José Saramago
 
BASIS BASIS BASAL - Ceci Music - Abril 23
Obradoiro con Ugia Pedreira e Lidia Luna

No teu universo eu intento subsistir
No teu átomo eu quero vivir
No teu repouso eu quero sobrevivir
No teu latexo eu intento revivir
BASIS BASIS BASAL
NO NOSO UNIVERSO SIDERAL

Incapaz de seguir a velocidade da miña mente
Escapando da miña escoita profunda que doe unha inmensidade
O meu corpo intenta correr para alcanzar o meu pensamento
Pero o meu devir cotiá na túa diversidade funcional 
Faime parar e berrar: A onde vas?
Acouga, frea, descansa, pensa... Xa irás!!!

No meu universo ti intentas revivir
No meu átomo ti quixeches sobrevivir
No meu latexo ti quixeches vivir
No meu repouso ti intentas subsistir
BASIS BASIS BASAL
NO NOSO UNIVERSO SIDERAL

Capaz de seguir a velocidade da túa mente
Aprendendo da túa escoita profunda que cura unha inmensidade
A miña mente intenta frear para sanar o meu corpo
E o meu devir cotiá na túa diversidade funcional
Faime andar e berrar: Por que non vas?
Xira, vira, activa, sinte... Móvete xa!!!

BASIS BASIS BASAL
NO NOSO UNIVERSO SIDERAL 
CECI ARTisteANDO - 18/04/23
Dedicado a miña querida Madame Pedreira
por formar parte do noso Basal Sideral!
!!

29. "Educar é máis difícil que ensinar, porque para ensinar se necesita saber, en cambio para educar se necesita ser" - Quino

TatIcía Cores - Ceci Music - Xuño 23

Chove chove chove
Acollíchesme no teu paraugas
Cheo das túas lindas cores
Imperfectamente perfectas

TA TA Chove nace o noso arco da vella
TATI Sole camiñemos pola súa senda
TITI Chove ata o infinito e máis alá

Sole sole sole
Acollícheste no noso parasol
Cheo de diversas cores
Perfectamente imperfectas

TA TA Chove nace o noso arco da vella
TATI Sole camiñemos pola súa senda
TITI Chove ata o infinito e máis alá
CECI ARTisteANDO - 30/01/23
Dedicado ao nosa linda orientadora Tati
por ser!!!

30. "Memoria selectiva para lembrar o bo, prudencia para non arruinar o presente e optimismo desafiante para encarar o futuro" - Carmen Laforet
 
PSICOMENTE - Ceci Music - Xullo 23

Na Escuridade máis profunda eu non podía respirAR
As miñas pantasmas me acechaban todo era negro no meu camiñAR
Na Luminosidade máis ambigua eu non podía avanzAR
O meu camiño se estreitaba todo era branco no meu descansAR

PSICO NEGRO PSICO BRANCO navegando no pasado
PSICO PSICO PSICOMENTE

Na Luminosidade máis profunda eu non podía avanzAR
As miñas cores me chamaban todo era triste no meu descansAR
Na Escuridade máis ambigua eu non podía respirAR
A miña claridade me reclamaba todo era pena no meu camiñAR

PSICO TODO PSICO NADA camiñando no presente
PSICO PSICO PSICOMENTE

A Escuridade máis profunda xa non me impide respirAR
A túa fala me orienta todo é posible no meu camiñAR
A Luminosidade máis ambigua xa non me impide avanzAR
A túa escoita me relaxa todo é aire no meu descansAR

PSICO BRANCO PSICO NEGRO planeando no futuro
PSICO PSICO PSICOMENTE

A Luminosidade máis profunda xa non me impide avanzAR
O teu sorriso me sustenta todo é calma no me descansAR
A Escuridade máis ambigua xa non me impide respirAR
O teu saber me fortalece todo é senda no meu camiñAR

PSICO NADA PSICO TODO curando a miña vida
PSICO PSICO PSICOMENTE
CECI ARTisteANDO - 06/08/23
Dedicado a Marta García Psicoloxía
Graciñas mil por axudarme a respirAR!!!
Ceci Art
________________________________________________
Continuará...