ICÍA ART

 01. ARGALLANDO E CREANDO

AO XEITO DE ICÍA POWER!!!

2020 - 2021

Son Icía e a miña nai non lle para a cabeciña así que sempre anda argallando cousiñas e máis cousiñas e logo toca poñernos mans a pintura para ir creando estas artistadas ao xeito de "Icía Power"...

ICÍA POWER

Para quentar os nosos motores artísticos neste ano escolar, a miña nai e eu argallamos estas orixinais creacións que ademais decidimos empregar para darlle un toque de cor creativo a decoración da nosa casiña...

TÉMPERA NEBULOSA

TÉMPERA PINCELOSA

TÉMPERA PULVERIZOSA

Polo San Maín a miña profe de plástica, María José, propúxome facer algunha artistada fantasmagórica e a cabeciña da miña nai argallou que sería unha boa ocasión para coñecer e explorar o contraste branco-negro e o contraste negro-branco como tantas veces acontece na vida mesma...

FANTASMÍN

FANTASMÓN

Pasaron uns días e xa estabamos outra vez argallando unha nova creación para celebrar o magosto deste peculiar aniño 2020...

MAGOSTIÑO

A miña profe María José invitounos a celebrar o "Thanksgiving Day" e deunos unha estupenda idea. Nós fixémola realidade ao meu xeitiño. A verdade é que a miña argalleira preferida e a min parécenos que quedou "moito bene"...

GRACIÑAS MIL

Na recta final deste inusual e atípico trimestre escolar; o profe Alberto, a profe Ceci e eu invitamos aos compis de quinto e as súas titoras a unha nova aventura artística, inclusiva e esta vez, virtual para pintar e deixar voar a imaxinación entre nubes de cores de alegría, forza, esperanza e ilusión para soñar con lograr un mundo mellor...

INSPIRACIÓN 5A

INSPIRACIÓN 5B

INSPIRACIÓN 5C

INSPIRACIÓN 5D

Graciñas mil a todas as persoas que vos animáchedes a vivir esta nova aventura e mil Graciñas porque a fixéchedes posible remontando as dificultades que atopabamos no seu camiño.

Aproximábase este Nadal tan insólito e puxémonos mans a produción artística para crear lindas postais para poder agasallar cos nosos mellores desexos a toda a nosa xentiña querida...

ÁRBORE VITAL

O vindeiro ano seguro que me aportará novas aprendizaxes coas miñas mans en crecemento e novas andainas con estes meus peciños que van medrando acompasándose co meu ritmo vital!!!

SEMPRE APRENDENDO
SEMPRE AVANZANDO

Continuará...

O inicio do segundo trimestre a miña profe de plástica, María José animou ao meu profe Alberto a intentar seguir o ritmo, na súa materia educativa, dos meus grupiños de referencia do cole. Así que ámbolos dous na miña casiña escolar fixemos este invernal debuxo para comezar a quentar motores...

WINTER ICÍA

A verdade que temos unha vida tan intensamente intensa que non conseguimos facer este debuxo no propio día de celebración da Paz pero como a miña mamá e eu pensamos que en realidade todos os días do ano deberían estar cheíños de Paz o fixemos un día no que o reloxo permitiunos ter un momentiño para deixar voar a nosa imaxinación a un mundo mellor...

ICÍA PAZ

Unha vez máis a miña linda profe de plástica que sempre se lembra de min aínda que na súa clase fisicamente non estou presente invitounos a facer esta artistada que realizamos a tres bandas: o profe Alberto, a miña argalleira preferida e eu...

SOLFA E FUSA DE ENTROIDO

Agora tócalle a quenlla unha das artistadas máis interesantes que nos propuxo a profe María José porque viaxamos ao mundo do cubismo e co meu profe Alberto xoguei coas cores para facer este meu curioso retrato...

ICÍA PICASSO

Espero que vos gustaran as miñas artistadas porque aínda que teño moitas limitacións teño unha gran carga de tenacidade vital e fermosas xentiñas que sempre intenta animarme a avanzar no meu camiño vital!!!

Continuará...

María José, a miña profe de plástica empezou o terceiro trimestre deste peculiar ano académico dun xeito ben significativo pois a súa proposta artística foi darlle cor a unha das personaxe máis fermosas da literatura universal. Así que o profe Alberto e eu puxémonos mans a obra con gran entusiasmo artístico...

O PRINCIPIÑO

"Soamente co corazón pódese ver ben,
o esencial é invisible aos ollos."

A seguinte idea da profe María José foi tamén moi orixinal porque tiven que facer unha artistada a pincel guiada polo meu profe Alberto mentras escoitaba unha linda música de guitarra...

MUSIC INSPIRATION

Artistada a artistada, o meu agarimoso profe Alberto e eu fumos chegando a recta final dun curso no que foi marabilloso desfrutar das magníficas propostas artísticas da miña profe María José ao compás das nosas diversas cores...

DIVERCAPACIDADE

Graciñas mil profe María José por lembrase artisticamente sempre, sempre, sempre de min.
Graciñas mil profe Alberto por darlle pinceladas de cor a un ano máis ben tirando a gris escuro.
Graciñas mil mamá Ceci e papá Lelo por estar sempre, sempre, sempre guiando o meu camiño. 

ALBERTICÍA LOVE, SEMPRE!!!

Agora toca descansar e recargar as nosas baterías enerxéticas para que no vindeiro ano académico as miñas lindas cores volvan a bailar ao compás da miña aventura vital!!!
CECICÍA ART,SEMPRE!!!
Bo verán para tutti!!!
ICÍA POWER ART,SEMPRE!!!
Icía Art
2020-2021
_____________________________________________________

 02. SOÑANDO COA DIVERCAPACIDADE!!!

2021 - 2022

Son Icía e a miña nai non lle para a cabeciña así que este ano académico está argallando cousiñas e máis cousiñas para seguir soñando con facer un pouquiño máis inmensamente grande a palabra "DiverCapacidade". Esta fermosa palabra naceu na súa cabeciña ao coñecerme porque eu lle axudei a comprender que en realidade todos temos moitos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e moitos "Powers" que debemos intentar facer moito máis grandes ao longo das nosas vidas...

DIVERCAPACIDADE 4A/21

FOREVER 4A/21

Fai tres aniños na marabillosa compañía da miña profe Manu animámonos a ir ao cole para que o meu grupiño de compis de referencia coñecera a miña aventura vital, terapéutica e escolar. Esta experiencia foi tan enriquecedora en ambas direccións que seguimos a planificar e vivir novas aventuras no cole co meu novo grupiño de amig@s seguindo o camiño inclusivo iniciado aínda que sempre dentro das posibilidades loxísticas que me permite a miña inmensa diversidade funcional...

DIVERCAPACIDADE 4B/21

FOREVER 4B/21

Este ano académico tiña moitas ganiñas de coñecer e tamén de que me coñeceran os grupiños de cuarto e de quinto. Así que mamá e eu animámonos a volver ao cole para iniciar un novo camiño que esperamos nos agasalle con novas experiencias enriquecedoramente acompasadas coa miña profe Sonia...

DIVERCAPACIDADE 4C/21

FOREVER 4C/21

A miña nai e a min gustamos sempre de levar un agasallo creativo cando imos a coñecer a cada un dos meus novos grupiños de amig@s para que poidan decorar a súa aula. Gustáronlle tanto que xa se animaron a que eu volvera coa miña nai e coa miña profe Sonia para tod@s xuntiñ@s aprender a pintar ao "Xeito de Icía"...

DIVERCAPACIDADE 5A/21

FOREVER 5A/21

Así que moi moi moi prontiño volveremos a vivir unha nova aventura artística con este novo grupiño de amig@s...

DIVERCAPACIDADE 5B/21

FOREVER 5B/21

DiverCapacidade... Avante a toda máquina!!!

DIVERCAPACIDADE 5C/21

FOREVER 5C/21
A profe Leti contoulle a miña nai que todo o meu grupiño de referencia ía a facer un círculo azul para celebrar o día da diabetes e animounos a facer esa linda artistada para ir pouquiño a pouquiño aumentando a nosa diversa colección artística. Hoxe como é o sinalado día no calendario puxémonos mans ao círculo azul da diabetes e o resultado quedou tal que así...

DIABETES AZULITIS

Estamos a mediados de novembro e a miña nai pensou que sería unha boa idea escribirlles unha carta aos catro grupiños de sexto para contarlles que oxalá máis pronto que tarde poda ir ao cole para vivir con tod@s unha nova aventura diversamente inclusiva...

SOLETE MOLÓN
A miña nai dándolle voltiñas a idea da carta pensou que sería fabuloso acompañala de dúas das nosas artistadas e a verdade que tiveron moito éxito entre @s compis porque o noso Solete Molón e a nosa Luneta Molona quedaron ben xeitosiñ@s...

LUNETA MOLONA
A miña profe Sonia animoume a participar nun concurso solidario que argallaron @s profes de sexto no noso dinámico cole. O profesorado pediunos paciencia para coñecer a verdadeira finalidade deste concurso pero para a miña profe Sonia e para min foi unha gran aprendizaxe artística de solidariedade con toda a cativada de A Palma, a que lle queremos transmitir con cada gotiña de témpera o noso inmensamente agarimoso ánimo...

ÁNIMO!!!

A miña profe Sonia e eu xuntamos as nosas mans moradas ben xuntiñas para facer unha nova artistada no día de hoxe, 25 de novembro, para desexar con toda a nosa enerxía positiva que a violencia de xénero non volva acontecer en ningún recuncho do noso maltreito planeta...

NIN UNHA MENOS!!!

A miña argalleira artística preferida invitoume a crear con témperas, esponxas, ceras e gomets o lindo boneco de neve invernal que se convertería na proposta de conexión virtual da miña profe Sonia e eu dende a miña casiña cos grupiños de compis de referencias e a miña mamá dende o noso cole para que intentaran reproducir a miña artistada cos ollos tapados para poder sentir a diversidade visual no seu interior. Deseguido, para ter unha linda lembranza da nosa enriquecedora experiencia artística e vital por videoconferencia pasamos a facer a artistada cos ollos ben abertos e cos oídos en máxima atención mentres gozabamos da música do grandísimo Beethoven que sempre tivo a necesidade creativa e vital de compoñer superando a súa diversidade auditiva porque case sempre "querer é poder"...

ARTISTADA INVERNAL

A nosa querida profe Leti invitounos a facer unha linda postal de nadal para intentar seguir o ritmo artístico do meu grupiño de referencia de compis. Así que a miña profe Sonia e eu puxémonos man a produción artística para despedir o primeiro trimestre deste ano académico no que tiven a grandísima sorte de poder desfrutar de grandes aventuras vividas na miña "EscolaCasiña", no noso dinámico cole e en versión virtual cando a curva do malbichiño estaba en modo ascendente totalis coa miña agarimosa profe Sonia e con tod@s @s aventureir@s que nos estades axudando a seguir soñando con facer máis grande a "DiverCapacidade"...

INSPIRACIÓN INVERNAL

DESEXO INVERNAL

EXPIRACIÓN INVERNAL

A miña argalleira preferida e eu aproveitamos o noso tempiño de descanso invernal para crear as nosas agarimosas postais tradicionais. Este ano debuxamos unha creativa árbore ben cargadiña de fermosas aventuras, bonitos sorrisos e lindas emocións para cada un dos días do aninovo de toda a nosa xentiña querida!!!

FELIZ 2022!!!

Continuará...


A  bonita profe Leti, este ano me está a invitar a seguir o ritmo artístico do meu grupiño de referencia, propúxome facer coa miña argalleira preferida unha personaxe en tres dimensións. Así que mamá e eu puxémonos mans á produción artística xustamente hoxe que é o Día da Paz e da Non Violencia polo que decidimos poñerlle a nosa cariña o nome de "Paz Pacifista" porque oxalá algún día o noso desexo de "DiverCapacidade" se faga realidade en todo o noso planeta e toda a humanidade sexa capaz de convivir respectando e valorando positivamente as nosas enriquecedoras diferenzas para lograr deste xeito naturalmente pacífico vivir nun mundo planetariamente máis humano...
PAZ PACIFISTA

A miña querida argalleira tiña moitas ganiñas de poñerse a produción artística comigo para celebrar o día do amor, da amizade e do agarimo porque pensa ela que eu, Icía Power, teño superpoderes naturais para expresar dun xeito magnificamente máxico o meu amor, a miña amizade e o meu agarimo a toda a nosa querida xentiña familiar, amistosa, profesional e aventureira que de mil maneiras diferentes nos acompaña na nosa escalada na alta montaña da miña DiverCapacidade...
ICÍA LOVE

A miña alegre profe Sonia invitoume a facer unha artistada ben linda para conmemorar o día de Rosalía e eu por suposto, non puiden resistir a tentación de poñerme mans a produción artística. Penso eu que nos quedou ben bonita a nosa Rosalía porque cando chegou a miña argalleira preferida entusiasmouse toda porque na nosa creación reflectimos as mil marabillas todas as diversas e fermosas cores do poético e vital mundo da nosa querida Rosalía...
SEMPRE ROSALÍA
A nosa agarimosa profe Leti que este aniño é  un estimulante impulso de creación artística para para a miña argalleira preferida e para min, invitounos a decorar creativamente a miña máscara de entroido. Como dende fai tempiño andamos intentando que eu lle pille o punto ao asunto de escribir de xeito convencional, pois que mellor maneira que facendo miles de puntos de cores que ademais representan as mil marabillas as infinidades de cores do noso soño da "DiverCapacidade" que cada vez é un pouquiño máis real e menos soño...
INFINIDADE DE CORES
A  nosa riquiña profe Leti animounos a celebrar un deses días de importancia fundamental para Irlanda e que parece ser que estamos adoptando case como propio nos nosos costumes festeiros escolares por este toliño mundo globalizado que nos tocou vivir. A verdade é que na miña casiña non gustamos moito das celebracións globalizadoras pero non nos puidemos resistir por ser esta unha das múltiples e lindas propostas artísticas da profe Leti e porque ao ir artisteando o noso divertido Leprachaun activouse na miña memoria e na da miña mamá un intre vivido ben agarimosamente especial coa miña linda profe Manu...
MOLLY MALONE
A nosa argalleira profe Leti, nesta ocasión tiña agochada unha artistada ben orixinal e cando a súa idea saíu a luz tardamos un pouquiño en poñernos mans ás cores porque a miña mamá andaba a mil con mil e un proxectos en marcha e eu non me atopaba demasiado activa porque tiven unha longa rachiña de crises epilépticas que me deixan nun estado de agotamento case totalis. Pero un inesperado día chegou ese momentiño de quietude e tranquilidade que ambas necesitamos para poder desfrutar da creación deste noso Pusheen AbrePechaBoca... Miauuu!!!
PUSHEEN PECHABOCA

PUSHEEN ABREBOCA
A puntiño de rematar este segundo trimestre a miña mamá sabía que o tempiño estaba a xogar contra o reloxo para poder cumprir a nosa promesa de voltar ao cole para pintar ao meu xeitiño, é dicir, ao "Xeito de Icía", miles de mares de cores da Diversidade cos meus novos grupiños de compis de cuarto e de quinto...
SONICÍA & CUARTO FOREVER

CORES 4A/22

CORES 4B/22

CORES 4C/22
Así que mamá e eu coa marabillosa compañía da miña feitiña profe Sonia e con todo o profesorado que participou nestas nosas novas aventuras escolares gozamos dunha enriquecedora vivencia cun alumnado inmensamente feliz por poder pintar os seus miles de mares de cores e inmensamente agarimosos coa pequerrechiña aventureira artística que son eu navegando naturalmente na miña inmensa DiverCapacidade!!!
SONICÍA & QUINTO FOREVER

CORES 5A/22

CORES 5B/22

CORES 5C/22
Continuará...
A miña profe Sonia e máis eu andivemos xogando as agochadas silenciosas para coas nosas manciñas crear unhas agarimosas artistadas para os meus magníficos compañeir@s de aventura vital... 
 AGARIMOSAS ARTISTADAS 
A sorpresa artística para o meu SuperPapá e para a miña SuperMamá foi recibida por todo o alto por ámbolos dous, nun día que o seu alegre sorriso foi para a miña linda profe Sonia e para min o mellor agasallo de volta e reviravolta da nosa agarimosa aventura artística e escolar...
SUPERPAPÁ E SUPERMAMÁ FOREVER!!!
A argalleira profe Leti invitoume a usar o compás para realizar unha artistada ben primaveral como o resto de compis do meu nivel educativo pero a miña mamá pensou que o de usar o compás comigo podía ser un tanto perigoso porque nalgúns intres fago movementos involuntarios e podería magoarme ou magoar a miña axudante de creación. Así que unha vez máis, a miña mamá tivo que buscar e rebuscar na súa cabeciña como podía realizar esta linda artistada ao "Xeito de Icía" e como a súa cabeciña non para pensou que podiamos empregar unha tapa transparente para facer o círculo central, dividilo en catro partes iguais e despois ir colocando pouquiño a pouquiño a tapa no seu lugar máis ou menos exacto para ir debuxando os diferentes pétalos da nosa flor...
COMPÁS AO XEITO DE ICÍA!!!

E ale-ale-hop-hop, aquí tedes as nosas flores de cores con seis pétalos a primeira porque era unha proba para ver se a idea argalleira da miña nai era válida e con oito pétalos a segunda porque como xa lle pillaramos o asunto da realización con tapa emocionámonos a facer pétalos sen parar porque como di a canción, do noso creativo Magín Blanco, que andivemos a cantar sen parar durante este mes no noso intrépido cole: "Somos cores á procura dun amor" !!!
CORES Á PROCURA DUN AMOR!!!
Continuará...
No último trimestre, a miña profe Sonia Smile invitoume a ir de museos virtuais na súa fermosa compañía e foi tal a emoción artística vivida que en ámbalas dúas naceu a máxica necesidade creativa de darlle cor e máis cor a dúas obras de arte ben lindas...
SONICÍA PICASSO 

SONICÍA MIRÓ 

Despois destes intres artisticamente vividos polas dúas, a maxia creativa seguiu facendo das súas nas nosas cabeciñas e nas nosas manciñas. Así que a miña agarimosa profe Sonia e eu tivemos o creativo impulso de intentar recrear a obra "O Ouro do Azul" do xigantesco Miró e a verdade verdadeira é que xuntiñas facemos un tandem creativamente impresionante de cor ouro azulado...
SONICÍA OURO AZULADO

Estabamos chegando a recta finalis e a miña agarimosa profe Sonia Smile tiño unha refrescante idea creativa que vou a contarvos con gran entusiasmo por ser a queredes poñer en práctica durante os días de máis calorciño do verán que está a punto de chegar...
SONICÍALEL XEO
Ámbalas dúas fixemos uns pouquiños cubiños de auga con colorantes de alimentación, en cada cubiño puxemos un pauciño de cor e gardámolos no conxelador para que se convertiran por arte de frío conxelador en miles de xeos de cores...
XEO A TRES BANDAS
Agora xa soamente nos quedaba pintar deixándonos levar pola imaxinación pero eu que son un pouco bastante falcatrueira soamente quería requetechupetear os poliños de cores e tivemos que contar coa colaboración do meu querido papá para crear as tres artistadas máis refrescantemente fermosas do mundo mundial a tres máxicas bandas...
XEO SONICÍALEL
Chegamos a este punto no que teño que despedir un ano artístico vivido cunha grandísima intensidade de cores porque tivemos a sorte de contar co agarimoso impulso da profe Leti que nos animou con continua constancia a seguir o ritmo creativo do meu grupiño de compis de referencia para crear e crear sen parar...
ARTISTADAS CREATIVAS
CREATIVAS ARTISTADAS
Agora toca despedirme dos meus catro grupiños de referencia durante estes máxicos catro aniños que sempre formarán parte, na miña cabeciña e no meu corazón, da miña intrépida aventura da DiverCapacidade!!!
CECICÍA & 6ºA, SEMPRE!!!

CECICÍA & 6ºB, SEMPRE!!!

CECICÍA & 6ºC, SEMPRE!!!

CECICÍA & 6ºD, SEMPRE!!!
Neste intre remata a miña andaina escolar coa miña agarimosa profe Sonia Smile que por arte de birlibirloque embarcou no meu barquiño de papel para xuntiñas surcar ondas, mares e océanos de enriquecemento en todas as direccións inimaxinables posibles mentres xuntiñas soñamos con seguir gozando de miles de aventuras vitais na nosa eterna amizade pirata, sempre!!!
SONICÍA PIRATAS, SEMPRE!!!

Mamá e máis eu imos intentar descansar que ben merecido o temos e para o ano vindeiro seguiremos intentando dar miles de cores a este toliño planeta para seguir soñando cun mundo mellor!!!

CECICÍA ART,SEMPRE!!!
Boas Vacances ben artísticas a Tutti!!!
ICÍA POWER ART,SEMPRE!!!
Icía Art
2021-2022
_____________________________________________________

 03. DIVERCAPACIDADE... AVANTE!!!

2022 - 2023

Son Icía e a miña nai, sacando forzas de onde quizais xa non as haxa, segue a buscar o xeito de continuar o camiño de ascenso na miña altísima montaña da DiverCapacidade...

DIVERCAPACIDADE 4A/22

FOREVER 4A/22

Un deses xeitos de recargar as súa agotadiña enerxía é unir o mundo creativamente artístico que habita na súa cabeciña co mundo intrepidamente aventureiro que habita no meu corazón...

DIVERCAPACIDADE 4B/22

FOREVER 4B/22

Deste xeito tan magnificamente máxico naceu o noso impulso natural de unirnos aos grupiños de cuarto deste ano académico para contarlles a miña intrépida aventura vital, terapéutica e escolar e como sempre decidimos levarlles como agarimoso agasallo unha das nosas artistadas para decorar as súas aulas e iniciar a senda dunha nova amizade...

DIVERCAPACIDADE 4C/22

FOREVER 4C/22
A cativada de cuarto xa está agardando unha nova andaina pola senda da nosa amizade para poder vivir unha nova aventura artística con esta súa nova amiga que irá encantada da vida a ensinarlle a pintar ao "Xeito de Icía" e continuar fortalecendo os nosos fermosos lazos amistosos...

O INICIO...

...DUNHA FERMOSA...

...AMIZADE!!!

No Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra a Muller, a miña nai e eu, para a inspiración da nosa artistada, limos un dos nosos contos predilectos titulado "Los colores" de Nunila López Salamero con ilustracións de Myriam Cameros Sierra. Nesta data tan fundamentalmente importante, ademais de compartir a miña artistada vouvos a contar o fragmento deste meu conto adicado especialmente a todas as cores rosas e a todas as cores azuis que habitan este noso toliño planeta...
NIN UNHA MENOS/22
... ¡Ahh, que se me olvidaba! Quedaban dos colores: el rosa y el azul, que eran dos colores muy cariñosos, generosos, fuertes y valientes.
Pero al rosa le habían prohibido pensar y decidir, y al azul le habían prohibido llorar y tener miedo. Y por si fuera poco, al rosa le habían dicho: "Tú sólo jugarás con muñecas." Y al azul le habían dicho: "Tú sólo jugarás con la pelota."
Y resulta que al azul le encantaban las muñecas y el rosa se lo pasaba genial con la pelota.
De manera que aprendieron a escaparse, a cambiarse los juegos, a poder llorar y a sentir miedo, a poder pensar.
Pero entonces llegaron los incoloros (la amargura les había borrado el color) y se dedicaban a fastidiar y a acosar al rosa y al azul.
-¡Tú, azul, no juegues más con muñecas! ¡Deja de llorar! ¡Y tú, rosa, deja ya el fútbol y deja de pensar! ¡Vete a casa a limpiar!.
Y así muchos, muchos años, tantos años que siglos, y tantos siglos que milenios.
AZUL E ROSA
El rosa y el azul estaban asustados por los incoloros, cansados de no poder ser como les gustaba, hartos de que los trataran mal. Así que un día decidieron escaparse. Al azul le entró mucho miedo:
-¡Nos van a pillar, nos van a pillar!
Pero el rosa le dijo:
-Que nooooo, no te preocupes, se me ha ocurrido una idea genial: vamos a mezclarnos. Si nos mezclamos saldrá un nuevo color y nunca nos encontrarán. 
Y fue así como salió el lila.
Por eso el color lila es un color muy cariñoso y muy generoso, al que le encanta cuidar a los demás, muy listo y muy valiente, que cuando tiene miedo llora y se le pasa, y además juega al fútbol, a las muñecas y a todo lo que le da la gana.
Es por eso que el lila vive en todas las personas que eligen, libremente, vivir sus infinitas mezclas.
LILA
A miña nai e eu agardamos con esperanza que algún día neste toliño planeta, tutti sexamos a cor ROSA e a cor AZUL mesturándose nun fermoso LILA da ConVivenCia das infinitas mesturas.

A nosa linda orientadora Taty e todo o seu equipo, para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, déronlle vida a un fermoso conto titulado: "O paraugas de cebra"...
Tras escoitar e ver ben xuntiñas esta linda montaxe, a miña argalleira preferida e máis eu puxémonos mans a creación artística para sumarnos ao esperanzador lema: "Baixo o mesmo paraugas",  que xa forma parte para sempre da nosa aventura da DiverCapacidade...
BAIXO O MESMO PARAUGAS
Para ledicia dos nosos corazóns, todas as persoas que formamos parte do noso intrépido centro educativo vivimos este día "Baixo o mesmo paraugas da DiverCapacidade"...
Icía & Family queremos darvos as grazas a tutti por cada intre escolar vivido a prol da DiverCapacidade!!!

O ano pasado realizamos unha artística aventura virtual cos meus catro grupiños de referencia. Tras a súa conclusión virtual, tanto a min como a miña nai quedounos esa inquietude virtual nas nosas cabeciñas e nos nosos corazóns...
BONECO ICÍA
Así que decidimos que unha aventura tan linda a deberiamos repetir pero no mundo escolar real e en contacto directo cos meus tres novos grupiños de compis de referencia que viviron esta aventura co seu natural entusiasmo, coas súas lindas titoras que foron un amor totalis connosco e coa nosa fermosa orientadora que participou activisimamente con tres roles ben diversos: alumna, profe e compi, todo nunha mesma marabillosa persoa...
BONECO TATI

O meu boneco de neve saíu da miña caixa de artistadas para que estes tres grupiños de compis intentaran reproducir cos seus lapis a miña artistada cos ollos tapados. Deste xeito que percibiron como un xogo, sentiron por un breve momento como é o devir cotiá das persoas con diversidade visual.  Despois dunhas cantas caras de sorpresa e dunhas risas ben naturais puxémonos mans a creación artística, con todos os seus sentidos ben espertos, a debuxar miles de bonecos de neve con témperas, esponxas, pinceis e gomets...
MANS CREATIVAS EN ACCIÓN
Os bonecos de neve destes grupiños de compis quedaron ben lindos e xa forman parte da decoración do noso corredor escolar para darlle un toque de cor e lembrar que tod@s vivimos a nosa propia DiverCapacidade...
ICÍA & 6ºA

ICÍA & 6ºB

ICÍA & 6ºC

A miña argalleira preferida e máis eu temos puxémonos mans a creación das nosas esperadas postais de nadal que sempre forman parte das nosas mostras de agarimo coa linda xentiña que nos acompaña na nosa intrépida aventura vital, escolar e terapéutica para dar impulso a nosa escalada na complexa montaña da DiverCapacidade...
FELIZ 2023!!!
Continuará...

Nos días anteriores ao Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a miña argalleira predilecta decidiu plasmar con axuda dunha tinta negra, a nosa diversa familia, nun inmenso océano branco. Como nos podía ser doutro xeito, a miña compañeira de artistadas varias me tiña reservado o gran privilexio de darlle ao seu debuxo un milleiro de vibrantes cores que nos queren lembrar que non todo nesta nosa aventura vital da DiverCapacidade está nos límites xa que temos unha ampla variedade de intres nos que podemos sentir nas nosas vidas unha marabillosa sensación de Paz que oxalá se expandira por todo o universo e máis alá...
ICÍA & FAMILY PACIFISTA
A miña argalleira artística preferida e eu, no día do amor e da amizade, quixemos reflectir o meu pequeno corazón crecendo en agarimosa fortaleza con cada extraordinaria mestra e con cada  excelente mestre que grazas a maxia do destino formaron parte da miña aventura educativa e que xa para sempre forman parte da miña aventura vital no meu gran corazón...
ICÍA LOVE 2023
Na miña aventura vital inicial o meu corazón era ben pequerrechiño porque aínda que era escintilante e vigoroso non era capaz de expresar abertamente todo o seu agarimoso poderío potencial. 
Por arte de maxia foi crecendo, pasiño a pasiño, grazas ao amarelo corazón brillante do meu profe Bruno, ao rosa corazón doce da miña profe Marta, ao verde corazón esperanzador da miña profe Manu, ao azul corazón tranquilo do meu profe Alberto e ao morado corazón máxico da miña profe Sonia. 
Graciñas mil a cada unha destas persoas de cores porque co seu marabilloso colorido persoal e individual conseguín que o meu pequeno corazón medrara ata ser un enorme corazón laranxa que expande brillo, dozura, esperanza, tranquilidade e maxia en este toliño mundo no que me tocou vivir a miña aventura da DiverCapacidade...
ICÍA & PROFES, FOREVER!!!
Ganiñas infinitas eu tiña de volver coa miña argalleira preferida ao noso centro educativo para pintar ao "Xeito de Icía" coa miña nova "Cativadamiga" de cuarto e contar por arte de birlibirloque coa marabillosa compañía da nosa orientadora Tati que guiada pola súa luminosidade chea de preciosas cores púxose comigo mans á creación artística  para entre ambas crear un nexo de unión agarimoso que sempre nos acollerá baixo o mesmo paruagas e baixo o mesmo sol no noso  mar de infinitas cores e no noso oceáno da DiverCapacidade...

APERTA COLECTIVA ICÍA & 4ºA/23
MAR DE CORES!!!
APERTA AGARIMOSA ICÍA & 4ºB/23
OCÉANO DA DIVERCAPACIDADE!!!
APERTA INFINITA ICÍA & 4ºC/23
Para despedir este segundo trimestre deste ano académico na mente sempre en movemento da miña argalleira preferida naceu a idea de que a miña "Cativadamiga" de quinto puxera a súa máis doce sensibilidade e a súa máis potente creatividade en marcha para intentar representar os meus "Powers" e os meus "Limits" a través das miñas lindas cores.
O ambiente creativo e agarimoso vivido deixounos fermosos debuxos de cada creativo artista cativo que foi quen de deixar voar a súa mente e o seu corazón para representar o meu colorístico ser nacido da miña propia DiverCapacidade...
Cada creación artística é inigualable única e xa forman parte da decoración do noso centro educativa para vivir conxuntamente as nosas variadas diferencias cheas de miles de cores...
Pola miña banda, eu tiven a sorte de fusionarme coa nosa linda orientadora convertíndonos ámbalas sunhas nunha máxica artista, TatIcía, representando as nosas paisaxes vitais para mesturar as nosas perfectamente imperfectas ou imperfectamente perfectas cores do arco da vella para voar ata o infinito e máis alá...
 PAISAXE VITAL DE TATICÍA

 ARCO CORES DE TATICÍA

 A VOAR CON TATICÍA, SEMPRE!!!
Continuará...
Na miña aventura educativa inicial tiven toda a sorte do mundo mundial porque contei co amarelo corazón brillante do meu querido profe Bruno. O seu brillante corazón amarelo  mesturouse as mil marabillas co meu enorme corazón laranxa para crear ámbolos dous a positiva enerxía necesaria para que a miña pequena semente educativa se transformará nun robusto tronco vital que tiña infinitas posibilidades reais de seguir medrando porque o amarelo corazón brillante do meu profe Bruno sempre me acompañará máis alá da miña aventura escolar porque sempre formará parte da miña aventura vital. Coa miña argalleira preferida nesta artistada con todo o noso pequeno gran corazón agarimoso o quixemos plasmar...
ÁRBORE NACENTE!!!
2016-17 BRUNICÍA FOREVER!!!
A continuidade do meu crecemento educativo contou coa total fortuna máxica do rosa corazón doce da miña agarimosa profe Marta. O seu doce corazón rosa aportou ese aquel que a nosa intrépida aventureira de inmenso corazón laranxa necesitaba naquel intre de vida para que do meu tronco vital comezaran a brotar as máis lindas e vigorosas follas vitais. Na miña árbore vital xa por sempre permanecerá o seu rosa corazón doce porque con esta fermosa mestra a negrura da miña diversidade funcional voou a afastadas terras para poder soñar na nosa familia cunha calidade de vida mellor para a nosa pequerrechiña. Coa miña apreciada argalleira quixemos plasmar nesta nova artistada o lindo nacemento e o fermoso crecemento do noso mutuo agarimo vital que xa sempre avanzará en ambas direccións...
ÁRBORE EMERXENTE!!!
2017-18 MARTICÍA FOREVER!!!
Unha vez máis a sorte da vida estaba ao meu carón e por arte de birlibirloque apareceu na miña aventura educativa o verde corazón esperanzador da miña linda profe Manu. O seu esperanzador corazón verde acompasouse fermosamente co meu palpitante corazón laranxa para lograr que da miña árbore vital brotaran milleiros de flores de infinitas cores. Para sempre en cada unha desas miles de flores de cores estará o verde corazón esperanzador da miña linda profe Manu. A miña argalleira predilecta e eu con toda a nosa agarimosa maxia quixémolo reflexar nesta primaveral artistada...
ÁRBORE FLORECENTE!!!
2018-19 MANICÍA FOREVER!!!
Neste novo momento vital que vos invito a coñecer, estaba eu nun escuro universo negro porque todo o avanzado coa miña potente enerxía laranxa pareceu estancarse ou retroceder porque a miña cabeciña e o meu corpiño comezaron a sufrir terreais episodios epilépticos de longa duración e inmensa intensidade. Ademais toda esta negatividade epiléptica que estaba acontecer na miña aventura vital foi coincidente coa insólita pandemia mundial que complicou ata límites insospeitados o meu devir cotiá e o do meu par de dous familiar, pero a vida e ben curiosamente máxica porque para superar este terrible momento vital apareceu o azul corazón tranquilo do meu afectuoso profe Alberto. O seu tranquilo corazón azul combinouse maxicamente co meu explosivo corazón laranxa para crear entre ámbolos dous un novo universo infinito con dos fermosos planetas combinados nunha mesma órbita sideral xirando ao compás das nosas bailarinas cores e da nosa luminosidade estelar. A miña argalleira artística e eu quixemos reflectir con esta nosa artistada esta estelar unión sideral que sempre xirará ao compás da nosa aventura vital...
ÓRBITA SIDERAL!!!
2020-21 ALBERTICÍA FOREVER!!!
Unha nova aventura escolar e vital estaba a punto de iniciarse e as miñas primeiras vibracións intuitivas fixéronme sentir que o meu enorme corazón laranxa, que estaba xa menos agochado por ser xa capaz de ser máis agarimosamente expresivo, ía a ser o suficientemente tenaz e valente para unirse co morado corazón máxico da miña intrépida profe Sonia pero nin a miña mente nin o meu corazón foron capaces de imaxinar todo o que o noso inesperado destino nos tiña reservado para crecer mutuamente acompasándonos o compás das ondas de miles de mares para vivir intensamente fermosos tesouros escolares e vitais. O seu máxico corazón morado combinouse dun xeito extraordinariamente marabilloso co meu aventureiro corazón laranxa para ámbalas dúas sucar miles de ondas nesta nosa aventura pirata embarcadas no noso barquiño de cáscara de noz, do que xa nunca desembarcaremos porque as nosas intrépidas almas piratas desexan crecer mutuamente ao noso compás para seguir a nosa familiar luminosidade estelar que nos guía na nosa cósmica infinidade marítima. A miña intrépida argalleira artística e eu puxémonos mans á pintura para plasmar as mil e unha aventuras piratas que vivimos e viviremos conxuntamente ao compás do aventureiro vento familiar por sempre e para sempre coa mellor das piratas do mundo mundial e do universo sideral...
AVENTURA PIRATA!!!
2021-22 SONICÍA FOREVER!!!
Unha nova aventura no meu universo sideral estaba a punto de comezar sen saber moi ben o que o destino tiña reservado desta vez para a miña aventura escolar e vital. O meu tenaz corazón laranxa estaba cargado de enerxía positiva tras tantas e tantas aventuras escolares e vitais vividas con tanta xentiña linda que se acompasou ás mil marabillas coa miña DiverCapacidade pero case sen previo aviso as nubes decidiron que era o momento de que chovera sen descanso e chovera sen tregua aparente e con cada gotiña caída no meu corazón a intensidade do meu laranxa parecía estar a perder a súa esencial forza vital. Cando xa case o meu laranxa corazón estaba perdendo o seu dinámico pulso chegaron milleiros de raios solares que saían a cachón do bondadoso corazón luminoso da miña querida Tati. O meu laranxa corazón tenaz comezou a recuperar a súa vitalidade para combinarse co luminoso corazón bondadoso de Tati e desta máxica unión naceu o noso fermoso arco de cores que sempre será a nosa marabillosa senda para camiñar xuntiñas da man da nosa DiverCapacidade ata o infinito e máis alá. A miña incansable argalleira artística e máis eu quixemos crear este fermoso debuxo para deixar constancia dunha fantástica aventura ao compás da inmensa luz agarimosa da miña orientadora sen igual no máis lindo arco de cores que xa para sempre formará parte da nosa aventura vital e familiar...
ARCO CORES!!!
2022-23 TATICÍA FOREVER!!!
Este ano académico está a punto de rematar e a miña argalleira predilecta e eu creamos os dous universos siderais nos que me mergullo a cotío con gran entusiasmo e con gran resiliencia para vivir esta miña intrépida aventura da DiverCapacidade. Todas as miñas insólitas aventuras comezan no meu inmenso universo de especial luminosidade solar que sempre me impulsa a camiñar pasiño a pasiño cara adiante para avanzar no ascenso da xigantesca montaña da miña diversidade funcional e todas as miñas inusitadas aventuras rematan no meu colosal universo de singular escuridade lunar que sempre me invita a reflexionar pasiño a pasiño cara atrás para chegar ao cume da enorme montaña das miñas necesidades especiais. En ámbolos dous universo aparentemente ben diferentes ou quizais ben similares sempre coexisten ao compás dos meus impulsos vitais as miñas dúas dualidades diferenciadas en constante contraste dirixíndome do branco ao negro e do negro ao branco para nese continuo vaivén rítmico entre o todo e a nada e a nada e o todo arrolar o meu corazón e a miña mente para ser quen de convivir, vivir e sobrevivir a esta miña DiverCapacidade...
LUMINOSIDADE SOLAR!!!

CONSTANTE CONTRASTE!!!

ESCURIDADE LUNAR!!!
Aquí neste mesmo intre artístico remata a miña marabillosa aventura escolar coa miña linda Tati pero estou ben segura de que xuntiñas seguiremos a camiñar ao noso rítmico compás pola senda do noso arco de cores da nosa DiverCapacidade!!!
TATICÍA CORES,SEMPRE!!!
Xa chegaron as miñas merecidas vacacións de verán para poder descansar a miña mente creativa e recargar a miña batería escolar xunto coa miña argalleira preferida!!!
CECICÍA ART,SEMPRE!!!
Boas vacances de verán a tutti a xentiña que seguides as miñas artistadas coa vosa agarimosa mente e co voso lindo corazón!!!
ICÍA POWER ART,SEMPRE!!!
Icía Art
2022-2023
_____________________________________________________
Continuará...
_____________________________________________________