DIVERCAPACIDADE

  1. NAVEGANDO NA "DIVERcapacidade"!!!

2021- 2022

O camiño de enriquecedor aprendizaxe andado por Icía da man do noso querido profe Bruno e da nosa agarimosa profe Marta fixo que un fermoso soño comezara a dar voltas no mundo dos meus pensamentos para acabar converténdose nunha realidade fai tres aniños cando Icía e eu acompañadas pola nosa linda profe Manu comezamos a nosa aventura de intentar que os grupiños de compis de nivel da pequerrechiña coñeceran a súa compañeira escolarizada na súa casiña pola súa inmensa diversidade funcional.

Ese aniño académico vivimos grandes aventuras enriquecedoramente inclusivas en todas as direccións posibles e o ano pasado animámonos a continuar este fantástico camiño iniciado coa profe Manu da man do noso agarimoso profe Alberto.

Cada visita de Icía ao cole é unha aventura inigualable na que a pequechiña e eu intentamos con toda a nosa enerxía positiva facer máis grande a palabra "DIVERcapacidade".

Esta marabillosa palabra naceu dun xeito natural na miña cabeciña da máxica unión de dúas xigantescas palabras: "DIVERSIDADE" e "CAPACIDADE" porque grazas a Icía  comprendín que tod@s, e non soamente ela, temos moitísimos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e moitísimos "Powers" que debemos conseguir facer máis grandes ao longo da nosa vida.

Este ano académico ámbalas dúas decidimos dar un paso xigantescamante grande e propuxemos como temática global a traballar no noso dinámico cole a "DIVERcapacidade" para que o alumnado coñeza, comprenda e respecte a "Diversidade Funcional" e as persoas na súa inmensa diferencia que fan do mundo un estupendo mar azul cheíño de peixes de múltiples cores.


Graciñas mil ao vento sempre a favor do noso estupendo Equipo Directivo, á fabulosa colaboración do Equipo da Biblioteca, ao entusiasmo de todo o profesorado e á marabillosa ilusión mostraba por todo o alumnado do noso intrépido centro educativo en cada nova aventura da "DIVERcapacidade".

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

2. NAVEGANDO NA DIVERSIDADE AUDITIVA!!!

Outubro 2021

Neste mes de outubro no noso dinámico cole mergullámonos no océano da diversidade auditiva para comprender e interiorizar que os "Limits" non teñen porque ser un obstáculo paralizante na vida das persoas porque se temos a forza necesaria para intentar acadar os nosos soños abrirase un mundo cheíño de posibilidades máxicas ante tod@s nós.

Así que para tan importante fin educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a coñecer a:

Louis que tiña un gran "Limit" auditivo a superar pero que soubo buscar a enerxía positiva necesaria no seu interior para invitarnos a poñernos na súa pel e descubrir que tamén contaba con moitos "Powers" que ofrecer e compartir cos demais...

Tamara que non podía escoitar a música cos seus oídos pero que tiña a profunda necesidade vital de expresarse co seu corpo ao ritmo do silencio máis musical porque ela no seu interior sentía a música xa que era unha auténtica bailarina.

Beethoven que foi un xenial compositor musical que perdendo paulatinamente o seu sentido auditivo e chegando a perdelo na súa totalidade foi capaz de seguir agasallándonos apaixonadamente con fantásticas obras mestras musicais.

- Evelyn que explica marabillosamente algo que eu descubrín grazas a miña convivencia musical con Icía porque as persoas con diversidade auditiva son capaces de escoitar os sons, contrariamente o que tod@s pensamos de entrada, xa que realmente o ser humano non soamente escoita co sentido do oído.

Se sodes capaces de estar moi atent@s percibiredes que cada vibración musical percorre todo o voso corpo para poder desfrutar  dunha nova dimensión auditiva no fabuloso mundo sonoro e musical.

Graciñas mil a todo o profesorado pola súa implicación e ganiñas de facer que a palabra "DiverCapacidade" sexa cada vez máis inmensamente grande.

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

3. MERGULLARSE NA DIVERSIDADE VISUAL!!!

Novembro 2021

Neste mes de novembro no noso activo cole mergullámonos no océano da diversidade visual para comprender un pouquiño mellor como viven a súa realidade cotiá as persoas con  diversidade visual e como conseguen superar as súas barreiras sensitivas visuais empregando os restantes sentidos para poder  percibir o mundo no que vivimos dun xeito diversamente enriquecedor.

Así que para tan importante obxectivo educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a descubrir o mundo con outros sentidos vitais como a nena desta fascinante historia:

Unha vez que conseguimos mergullar ao alumnado neste novo mundo percibido dun xeito diversamente enriquecedor, o oceáno da diversidade visual invitounos a coñecer a:

- Camilo que nos axudou a coñecer a súa diversa realidade cotiá para coñecer o seu mundo cheíño de posibilidades posibles.

- Diego que tiña que poñerse mans a obra para levar a cabo un gran reto escolar que consistía en relatar con verbas as cores das flores e que foi quen de lograr o seu obxectivo dun xeito diversamente creativo.

- Alicia que foi unha valente muller que aprendeu que se queres moi intensamente lograr un soño vital, por moi difícil que sexa acadalo, podes conseguilo porque querer é poder.

- Braille que puxo en marcha a súa maquinaria pensativa e inventora para crear o seu fantástico abecedario que cada día axuda a unha gran cantidade de  persoas con diversidade visual a estar conectadas co noso mundo cuns combinados puntiños.

-Pip que é un cachorro que contra todo prognóstico consegue chegar a ser un fabuloso can guía porque ten as ideas moi claras na súa cabeciña e goza dunha gran enerxía positiva no seu corazón canino. 

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

4. O GRAN DÍA DA DIVERCAPACIDADE!!!

03/12/2021

Naturalmente longo foi o camiño a andar por Icía&Family para que nacera na miña cabeciña a fermosa palabra "DiverCapacidade" da combinación das verbas "Diversidade" e "Capacidade" e naturalmente curto foi chegar a que esa linda palabra se convertera no proxecto global do noso activo centro educativo durante este ano académico.

AULA MÚSICA

Todo comezou cando Icía&Family estabamos a estar moi cansadiños de tanto esforzo, requesforzo e requetemegaesforzo para levar a cabo a estimulación que nos pautaba o Método Doman para Icía porque levabamos seis anos traballando durante seis días a semana e en cada un deses seis días tiñamos que poñernos mans á faena terapéutica nada máis e nada menos que seis longas horas. Así que un día no que necesitabamos romper con esta dura disciplina terapéutica decidimos desfrutar dun marabilloso concerto musical de Uxía Senlle e de Magín Blanco que tiña unha grandísima sorpresa reservada para a nosa diversa familia.

Uxía e Magín son dous grandísimos artistas non soamente polo seu inmenso potencial artísitico senon porque tamén teñen un xigantesco corazón agarimoso. Así foi que cando viron a Icía quixeron coñecela e contaron aos tres que a nosa familia non tiña porque facer o camiño na nosa terrible soidade porque había dunhas diversas e musicais familias que estarían encantadas de camiñar ao noso carón porque todo falaba de nós.

Deste xeito tan fermoso coñecemos a Ruí&Family que coa súa musical locomotora capitaneada polo seu lindo maquinista do amor e acompañada duns artísticos vagóns cheíños da súa familia e da súa xentiña amiga van facendo pasiño a pasiño o enriquecedor camiño da visualización da diversidade funcional.

Deste xeito tan lindo coñecemos a Lúa&Family que coa súa diversa visión do mundo real e creativo moveu, removeu e requetemoveu o noso mundo para que iniciaramos un novo camiño amistoso, terapéutico e creativo que sempre nos agasalla con fermosas apertas curativas na funcional diversidade.

Tras estas dúas vivencias familiares tan enriquecedoras naceron moitas conversas con estas dúas valentes compamamás de camiño, cos queridos profes da nosa aventureira e coas lindas terapéuticas da nosa exploradora para iniciar o camiño da "DiverCapacidade" acompasado coa máis inclusiva musicalidade.

A "DiverCapacidade"sempre nos invita a comprender que tod@s temos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e "Powers" que debemos conseguir facer máis grandes...

BIBLIOTECA CREATIVA

... e interiorizar nas nosas mentes e nos nosos corazóns este fermoso e inclusivo mensaxe: "Non se trata de ter dereito a ser iguais senon a ter igual dereito a ser diferentes".

DINAMIZACIÓN GALEGO

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

5. CIRCULAR NA MÁIS RÁPIDA VELOCIDADE!!!

Xaneiro 2022

Neste mes de xaneiro no noso dinámico cole seguimos a soñar con facer máis grande a palabra "DiverCapacidade" e decidimos circular na máis rápida velocidade para descubrir a realidade cotiá das persoas co Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

Así que para tan importante fin educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a coñecer a:

- Topito Terremoto que nos axudou a comprender e sentir na nosa pel e no noso corazón as dificultades do día a día d@s cativ@s con TDAH e como grazas a unha pequena gran axuda dunha excepcional profesional foi quen de poder desfrutar da vida a unha menor velocidade en compañía das súas comprensivas amizades. 

- Pablito e a súa familia que se fan miles e miles de preguntas en ambas direccións para intentar conseguir as respostas familiares necesarias para superar os "Limits" e as dificultades no seu día a día convivindo co TDAH de Pablito que como tod@ cativ@ desexa ser plenamente feliz xunto as súas persoas queridas.

Thom que nos descubriu que a súa voz interior lle andaba a invitar a vivir a unha velocidade demasiado rápida complicando o seu día a día por intres ata que conseguiu convencer ao seu inquedo Rascal a vivir a unha velocidade un tanto máis lenta para ambos desfrutar cada momento vivido dun xeito naturalmente acompasado.

- Luis Rojas-Marco que nos contou a súa propia historia de superación vivencial deste trastorno limitante e como buscar a enerxía positiva necesaria para axudarse a un mesmo e aos demais a vivir tranquilamente a vida circulando a unha menor velocidade para defrutar intensamente cada momento vital.

Graciñas mil a todo o profesorado e a todo o alumnado do noso centro educativo pola súa implicación e por querer circular no coñecemento e comprensión doutras realidades cotiás como a das persoas con TDAH porque estamos a lograr o noso soño de facer máis grande a palabra "DiverCapacidade".

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________
6. MOVERNOS AO COMPÁS DA 
PARÁLISE CEREBRAL !!!

Febreiro 2022

Neste mes de febreiro no noso emprendedor cole seguimos a soñar con facer máis grande a palabra "DiverCapacidade" e decidimos internarnos na  parálise cerebral que lonxe de paralizarnos animounos a movernos ao seu fabuloso compás.

Así que para tan importante fin educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a coñecer a:

- Ruí que nos axudou a mergullarnos co seu fermoso canto nun lindísimo baile coas baleas nas augas máis inclusivas que vos poidades imaxinar.

- María FumaÇa un marabilloso tren que conta co mellor maquinista do amor na locomotora e cunha inmensa familia de grandes artistas nos seus miles de vagóns que nota a nota logran viaxar con gran entusiasmo  ao longo de toda a nosa xeografía física e mental para facernos vibrar ao ritmo harmonioso do corazón da visibilidade desta diversidade funcional.



- Lúa que co seu natural canto convidounos a facernos mil curiosas preguntas cun curativo humor porque nas respostas sempre se abrirá a posibilidade dun grandísimo coñecemento descubridor dun mundo diversamente mellor. 


- Miles de persoas con parálise cerebral que sempre teñen moitas ganiñas de que perdamos os nosos paralizantes medos e nos animemos a movernos ao compás da súa parálise cerebral. 


Graciñas mil a toda a xentiña que dun xeito ou mil xeitos diferentes busca o marabilloso xeito de mover e remover o coñecemento do mundo da parálise cerebral.

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________
7. COÑECENDO O MUNDO DOS CROMOSOMA S DO SÍNDROME DE DOWN!!!

Marzo 2022

Neste mes de marzo no noso dinámico cole estivemos coñecendo o mundo dos cromosomas do síndrome de Down para descubrir que a maioría das persoas temos 46 cromosomas en parellas de dous en dous pero que algunhas persoas teñen unha parella de tres na súa parella 21 e por ese curioso xogo do azar terán unhas características diferentes aos de 46 cromosomas pero con iguales ganiñas de desfrutar intensamente a súa aventura vital.

Así que para tan importante fin educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a coñecer a:

- Beto que é un neno con 47 cromosomas que pasiño a pasiño en cada capítulo nos quere invitar a descubrir o seu mundo non tan diferente do resto da cativada...

- Silvina que é unha nena con Síndrome de Down que ten un marabilloso soño de poder vivir intensamente a súa expresividade corporal bailando sen parar coa súa amiga Pati e con toda a linda xentiña bailarina para a fermosa felicidade espallar por todo o universo...

- Pablo que é un neno con Síndrome de Down que tivo a sorte de coñecer a uns amigos que descubriron que as súas peculiaridades non eran doutro planeta porque simplemente quería ser feliz debuxando miles de cores cos seus peculiares amigos...  

- Valentina que é unha nena cunha parella de tres na parella 21 de cromosomas e que ten unha grandísima  personalidade cun xigantesco desexo de ser unha trapecista que naturalmente oxalá poida facer realidade...


Así que durante este mes de marzo pasiño a pasiño coñecemos o mundo dos cromosomas que de vez en cando nos queren agasallar con enriquecedoras persoas con Síndrome de Down que viven cada día soñando coa posible real realidade dun marabilloso día no que toda a xentiña que vive neste toliño planeta comprenda que necesitamos vivir sen medo ao descoñecido porque o diferente é fermosamente fermoso e nos enriquece infinitamente xa que non se trata de ter dereito a ser iguais se non a ter igual dereito a ser diferentes para que tod@s na nosa DiverCapacidade podamos facer todo o que nos propoñamos na nosa mente e no noso corazón sen que ninguén nos corte as nosas soñadoras ás que nos permitirán sempre voar nun mundo mellor.

Hoxe e Sempre... Auténtic@s... Síndrome de Down!!!

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________
8. CONCURSO DIVERCAPACIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO!!!

23/04/2022

Na recta finalis do segundo trimestre a nosa pequena gran aventureira Icía, acompañada pola súa creativa profe Sonia e por min, visitou o noso intrépido centro educativo para vivir dúas aventuras cheas de cor co alumnado de cuarto e quinto que se puxeron mans as pinturas para crear milleiros de mares de cores ao "Xeito de Icía" e unha musical aventura co alumnado de sexto que viviu intensamente ao compás da música de Budiño, Milladoiro e Magín Blanco un novo enriquecemento vital no noso soño da DiverCapacidade de Icía.

Nestas marabillosas visitas a nosa intrépida aventureira aproveitou para invitar ao alumnado dos tres niveis a participar nos Concursos que naceron na miña imparable cabeciña e que as miñas creativas mans fixeron realidade para celebrar por todo o alto este noso ano da DiverCapacidade.









O alumnado de cuarto participou emotivamente no Concurso "Comunicando con Icía" facendo un debuxo para comunicarse coa pequerrechiña de mil xeitos diferentes a fala, o alumnado de quinto participou con gran entusiasmo no Concurso "Limits & Powers" para reflectir que comprenderon moito bene a mensaxe de Icía que nos quere ensinar que todo o mundo ten Limits que debe intentar facer máis pequenos e Powers que debe intentar facer máis grandes e o alumnado de sexto participou intensamente no Concurso "Érase unha vez unha lambetada con cor e con sabor" para completar a doce historia do conto que con todo o seu agarimoso agarimo nos agasallou a nosa linda amiga Yolanda e que a nosa sorrinte profe Sonia coa súa capacidade creativamente tecnolóxica deu unha fermosa vida...

Eu xa estou desexando desfrutar de todas as creacións da miña cativada para enriquecerme coa súa natural visión da DiverCapacidade. Pola súa banda, o alumnado terá que agardar un pouquiño polos seus desexados premios xa que serán entregados na Semana da Letras Galegas pola nosa lectora mascota Boello en colaboración co noso marabilloso Equipo da Biblioteca do noso aventureiro centro educativo.

Graciñas mil a toda a linda xentiña adulta e cativa que nos impulsa e que nos acompaña sempre en cada unha das nosas toliñas aventuras escolares!!!

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

9. DESCUBRINDO COMO ENCAIXAR AS PEZAS DO CREBACABEZAS DAS PERSOAS AUTISTAS!!!

Abril 2022

Neste mes de abril no noso intrépido cole estivemos descubrindo como encaixar as pezas do crebacabezas do autismo para comprender que o cerebro das persoas autistas percibe o mundo exterior dun xeito excesivamente "abrumador" polo que necesitan ordenar o seu mundo interior ao seu xeito metódico e repetitivo para poder ir montando peciña a peciña o seu crebacabezas vital sen quedar agotadiñ@s na súa aventura vital. 

Así que para tan importante fin educativo o profesorado invitou ao noso alumnado a coñecer a:

Luca que é un superneno que ten a gran sorte de contar na súa aventura vital cunha gran compañeira de viaxe que coa súa agarimosa mirada descubre que o seu irmán ten unha máxica capa que lle outorga magníficos superpoderes que viaxan ao infinito e moito máis alá dunha ríxida etiqueta autista dada por un diagnóstico profesional.

Louis que é un neno que necesita mil por mil os seus marabillosos zapatos para conseguir vivir dun xeitosiño xeito o seu día a día porque un pequeno despiste de descolocación dos seus fundamentais zapatos sempre podería chegar a provocar unha inmensa catástrofe na súa cotiá vida. En realidade, isto nunca debería suceder se toda a xentiña que o acompaña comprende a lóxica do seu mundo interior para axudalo a vivir a modiño no noso toliño mundo exterior.
En definitiva, durante este mes fomos encaixando peza a peza a complexidade de percepción do mundo exterior para unha persoa autista para ser capaces de conseguir poñernos na súa realidade cotiá e ser así conscientes de como estar sempre que sexa necesario ao seu lado para axudalos a encaixar as peciñas do seu crebacabezas interior para que o seu mundo exterior sexa un mundo mellor e o noso planeta sexa infinitamente máis "humán".

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________

10. SOÑAR COA DIVERCAPACIDADE, SEMPRE!!!

Maio 2022

Neste mes de maio todo o alumnado do noso intrépido centro educativo estivo a cantar, tocar e bailar de mil xeitiños diferentes un fermoso tesouro artístico que cando Icía e eu o descubrimos por arte de birlibirloque no mundo virtual namorounos irremediablemente. A día de hoxe segue a namorarnos e sempre nos seguirá namorando porque en cada linda ocasión que nos mergullamos nel transmítenos en cada verba, en cada nota musical e en cada debuxo que tod@s somos diferentes flores de miles de cores á procura dun amor neste noso mundo da "DIVERcapacidade"...

Icía&moi acompañadas por todo o fantástico profesorado e por todo o marabilloso alumnado do no noso aventureiro cole fixemos miles e miles de achegamentos ao mundo da "DIVERcapacidade" para conseguir miles e miles de descubrimentos de persoas maxicamente diferentes que enriquecen con todas as súas cores o noso agotadiño planeta e para entre tod@s facer posible que o noso soño da "DIVERcapacidade" latexe dun xeitiño infinitamente máis real nas nosas mentes e nos nosos corazóns para vivir nun mundo planetariamente máis "humán".

Aquí vos deixamos o enlace ao noso Drive da "DIVERcapacidade" no que podedes atopar diferentes cartafois das diferentes diversidades funcionais por se queredes profundizar no noso enriquecedor universo da "DIVERcapacidade" para seguir construíndo entre tutti un mundo mellor:

https://drive.google.com/drive/folders/1x35hVxQk_X2IW53Gma14He7mjWgF9qDw

Avante a toda máquina!!!

Ceci Music & Icía Power

DiverCapacidade!!!
_____________________________________________________

11. POR FIN, CHEGOU A ESPERADA ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DA DIVERCAPACIDADE!!!

Maio 2022

Neste enlace podedes navegar pola entrega dos premios dos concursos da "DiverCapacidade" deste aniño académico con lindas creacións artísticas do alumnado de cuarto, quinto e sexto sobre as enriquecedoras diferenzas que nos converten a tutti en seres marabillosamente excepcionais e únicos.


Graciñas mil a Icía por ser a miña inspiración e ao seu papá por ser a mellor das compañías para as nosas aventuras vitais, a todas as lindas persoas que nos acompañan e nos animan a seguir soñando cun mundo mellor, a todo o intrépido profesorado que sempre nos axuda a facer realidade as nosas toliñas ideas escolares e a todo o alumnado por ser tan agarimosamente fantásticos coa nosa pequerrechiña aventureira e con "moi".

Sempre Soñando!!!
Ceci Music & Icía Power
DiverCapacidade!!!
_____________________________________________________

12. GRACIÑAS MIL A TUTTI DE TODO CORAZÓN!!!

Xuño 2022

Pasiño a pasiño co entusiasmo de todo o profesorado e coa curiosidade natural do noso alumnado estabamos a facer cada vez máis grande a palabra "DiverCapacidade" e nese intre pensei que sería unha fabulosa idea crear unha palabra en inglés para expresar todo o noso enriquecemento persoal nacido do coñecemento do mundo infinitamente diverso de persoas que habitan o noso planeta. Pensando e conversando coa profe Marina viu a luz esta marabillosa palabra que xa forma parte da decoración do noso cole, "InterAbility" porque toda a nosa cativada sempre será para nós, "Capable Kids".

ENGLISH POWER

E case sen darnos conta fomos chegando a recta finalis deste enriquecedor ano académico e necesitaba plasmar as miñas creativas palabras e os meus artísticos lemas nun mural para lembrar sempre o noso crecemento persoal e vital ao longo deste tempiño escolar. Mentres estaba a imaxinar como quedaría pensei en darlle un verdadeiro toque artístico potenciando ao máximo o SuperPower de Emiliy que cunha mínima visual dun dos nosos retratos fotográficos foi quen de crear un máxico retrato artístico que sempre permanecerá ligado a este inmenso ano académico no que entre todo o profesorado e todo o alumnado conseguimos facer máis grande a palabra "DiverCapacidade-InterAbility" para seguir soñando cun mundo planetariamente máis "humán" cheíño de aire para respirar.
AULA MÚSICA

EMILY ART

ART EMILY

EMILY & CECI
Graciñas mil ao Equipo Directivo e a Orientadora do noso dinámico centro educativo por ser sempre vento a favor para lograr chegar a bo porto nesta nosa viaxe polo mundo da "DiverCapacidade-InterAbility".
Graciñas mil a o Equipo da Biblioteca e en especial a súa coordinadora, a profe Olga, por impulsar con gran entusiasmo a nosa viaxe neste enriquecedor ano académico.
Graciñas mil a todo o profesorado polo seu creativo entusiasmo para invitar ao seu alumnado a mergullarse mensualmente en cada diversidade funcional proposta.
Graciñas mil a todo o profesorado que nos anima e nos acompaña e cada toliña idea que nace na miña cabeciña e en especial a nosa agarimosa profe Sonia Smile que navegou na nosa compañía todas as ondas, mares e océanos inimaxinables.

Graciñas mil a todo o persoal non docente por facilitar sempre as nosas intrepidamente enriquecedoras viaxes escolares.
Graciñas mil a todo o alumnado por sentir esa marabillosa curiosidade natural polo mundo da "DiverCapacidade-InterAbility" e por invitarnos a soñar que un mundo mellor será posible porque son "Cativos Capaces-Capable Kids".
Graciñas mil ao inmenso grupiño de compis de referencia da nosa intrépida aventureira por ser a mellor tripulación posible para viaxar polo mundo da inclusión escolar.
Graciñas mil cunha mención especialmente agarimosa para a nosa linda artista Emiliy que cunha simple visual nos debuxa sempre tan lindamente a ámbalas dúas vivindo intensamente o noso soño da "DiverCapacidade".

Graciñas mil a tutti de todo corazón por viaxar connosco ao mundo da "DiverCapacidade"
"DiverCapacidade-InterAbility Forever"!!!
Ceci Music & Icía Power
_____________________________________________________
Para o vindeiro ano seguiremos a soñar!!!