martes, 18 de agosto de 2020

reMOVO

 CONDUCIR OS MOVEMENTOS!!!


A vida cos seus movementos inesperados provocan novas rutas a explorar por nós como guías de camiño de Icía e a desfrutar pola nosa intrépida pequerrechiña. Estes movementos de cambio son recibidos por min con certa inseguridade no seu inicio pero co tempo aprendín que o constante movemento é necesario e fundamental para aprender, avanzar e evolucionar nesta nosa vida.

Neste momento da nosa aventura vital se produciu unha reorganización astral de tal magnitude que tod@s @s terapeutas de Cesil e Movo, cos que Icía estaba a vivir grandes vivencias e aprendizaxes, moveron subitamente os seus astros para conducir as súas órbitas polas súas novas e espectaculares sendas e poder así desfrutar de grandes experiencias profesionais e vitais.

Esta reorganización astral orixinou unha reacción estelar en cadea que uniu a un equipo de catro magníficas e fantásticas estrelas terapeutas no noso máxico Movo: PaKaiLo, MaiDelPe, SilMaDi e AnMeFir. Elas conduciron, ás mil marabillas, as máis fantásticas vivencias e incribles aprendizaxes da nosa aventureira Icía.

Sempre agradecidas co noso lindísimo equipo de estrelas en movemento cuaternario por todo o vivido e aprendido na súa compañía durante un ano terapéutico e vital no que as deusas do ceo nos agasallaron con tanto que nunca o poderemos esquecer.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power
  

luns, 17 de agosto de 2020

CAMIÑO

DE MOVEMENTOS DE APRENDIZAXE!!!


Icía e eu andamos na nosa vida sen saber que aventuras e desventuras nos esperan máis adiante no camiño pero dalgún xeito percibimos que a nosa fada VanEsBlan necesitaba escribir a súa nova senda vital para poder deixar renda solta aos seus sentimentos e soños mariños.

O momento no que recibimos a nova do voo da nosa fada VanEsBlan foi algo esperado pola nosa intuición e inesperado pola nosa realidade e fixo que novamente nos sentiramos perdid@s no noso camiño pero a anterior lección vital aprendida nos indicaba que seguindo o noso instinto estelar se producirían novos movementos de aprendizaxe vital.


Ese voo foi máxico, fantástico e marabilloso para a aventura vital da nosa fada VanEsBlan porque ela atopou a senda que a levaría a súa lindísima Mar coa que agardamos viva intensamente cada pequeno detalle vital e esperamos que as nosas aventuras vitais decidan nalgún intre vivir un cruce de camiños real a ritmo de jazz.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power

 

sábado, 15 de agosto de 2020

SOÑO

  IMAXINADO FEITO REALIDADE!!!


Icía e eu temos unha gran amiga invisible que nos acompaña de mil xeitos diferentes e en miles de situacións distintas no noso intenso día a día. Esta amiga invisible, a Música, non ocupa un lugar físico porque chega a nós polo marabilloso vento para provocar unha conexión máxica e indescritible entre ámbalas dúas, miles de sentimentos que nos curan o que a primeira vista pensabamos incurable e unha fortaleza que nos permite soñar con gran ilusión e imaxinación a nosa ruta de aventuras vitais. 


Icía e eu temos unha gran amiga visible que na súa creación da escola de fantasía para a pequerrechiña fixo medrar en nós un lindo soño imaxinado. Esta amiga visible, a nosa doce profe MarPraOu, acompañounos a desfrutar  dun impresionante concerto musical do mago Magín Blanco e ter así a oportunidade dun primer contacto cos compañeir@s da pequechiña. Este sutil contacto foi un inmenso impulso para seguir soñando con novas rutas de accións e reaccións.


Despois desta fermosa aventura musical e vital vivida coa nosa amiga invisible, a Música, e coa nosa amiga visible, a nosa agarimosa profe MarPraOu, decidimos que tiñamos que ir a procura dos nosos soños porque a maxia musical e a enerxía estelar sempre iluminarían a nosa aventura vital.

Sempre agradecidas coa nosa amiga invisible, coa nosa visible e co mago musical polo momento máxico vivido e polos que nos quedan por vivir na súa fermosa compañía.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power





mércores, 12 de agosto de 2020

EsHeFi

 TEMPO RÁPIDO E TEMPO LENTO!!!


Todo o vivido dende o nacemento de Icía foi dunha intensidade tan intensa que neste punto da nosa aventura vital o meu corpo comezou dar algunha pequeniña mostra de dor crónico e algún gran chispazo de dor momentánea porque a miña mente estaba demasiado cargada de tempo rápido e non sempre levaba ben o tempo lento da nosa intensa e o mesmo tempo tranquila vida.

Cansada de intentar dominar as miñas dores decidín acudir a retocar o meu corpiño con EsHeFi e atopeime que cun toque aquí e outro acolá nos meus puntos de dor coas súas firmes mans se mitigaban os efectos de anos de loita incansable pero sobre todo descubrín que as nosas conversas producían un momento de alegría e distensión que axudaban a miña mente a descargar o meu propio tempo rápido e o meu propio tempo lento.

EsHeFi, sempre agradecida por cada retoque e por cada conversa que me axudaron a mitigar as pegadas de todo o vivido.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power



luns, 10 de agosto de 2020

MOVO

O VENTO FAVORECE O MOVEMENTO!!!

Danzando e soñando comezamos unha nova busca terapéutica para Icía pero non era doado atopar a nova senda porque moitas veces na vida cómpre esperar a que quizais o destino ou quizais nós mesmos movamos os astros para que se aliñen e todo ocorra dun xeito máxico e natural.

O noso agarimoso vento do sur fixo de mensaxeiro do destino para soprarnos ao oído a nova senda terapéutica da pequerrechiña e nós coa nosa enerxía estelar movemos os astros para que iluminaran o noso movemento a unha nova e intrépida aventura cheíña de estupendas persoas e magnífic@s profesionais do asombroso mundo da diversidade.

Descubrir e aventurarnos no mundo terapéutico de Movo foi unha das mellores decisións tomadas durante estes aniños porque Icía é inmensamente feliz cada vez que entra na súa senda terapéutica e porque en cada nova aventura vivida neste lugar máxico e natural sempre se produce na pequechiña un gran movemento de aprendizaxe vital que nos invita a seguir soñando.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

venres, 7 de agosto de 2020

MarOuPra

A NOSA LINDA CREADORA!!!

Icía é unha pequena-gran aventureira que nunca deixará de sorprenderme pola súa inmensa capacidade para explorar ao seu xeito o mundo que a rodea, superar con gran entusiasmo as súas grandes limitacións de base, aprender desfrutando ao seu ritmo lento pero seguro e avanzar polo seu camiño de grandes complexidades pero cargadiño de grandes vivencias. 

Para tan grande cometido a pequerrechiña necesitaba unha fermosa persoa que guiara os seus pasiños neste punto da súa aventura vital e unha magnífica profesional da ensinanza que fixera realidade o seu soño de seguir aprendendo na súa escola como case tod@s @s cativ@s do mundo mundial. 

O destino foi moi xeneroso connosco porque o novo ano académico nos agasallou a MarOuPra, a nosa linda creadora que con gran dedicación, paciencia e agarimo construíu unha fermosa escola de fantasía para a pequechiña.

Nesa fermosa escola de fantasía, MarOuPra e Icía viviron grandes aventuras vitais e educativas que significaron o inicio dunha fermosa amizade que nos segue agasallando con grandes momentos vividos e oxalá moitos por vivir coa nosa linda creadora.

Sempre agradecidas pola túa magnífica creación de escola para a pequerrechiña na que aprendemos e vivimos intensamente cada doce momento educativo e que foi o nacemento dunha linda amizade vital que crece e se fortalece pasiño a pasiño.
 

... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power




xoves, 6 de agosto de 2020

PENSAR

MENOS E SENTIR MÁIS!!!

Un novo ano académico estaba a punto de comezar e a miña mente pensante non paraba de cismar que nos depararía a nova aventura escolar na casiña porque o moi posible cambio do noso supermegaprofe BruLoFer que se aveciñaba me producía unha certa sensación de vertixe e intranquilidade.

Un novo ano terapéutico a punto de iniciarse e a miña mente rastreadora non paraba de buscar e rebuscar unha nova senda para que a nosa pequena gran aventureira puidera seguir descubrindo o fabuloso mundo de posibilidades iniciado pola nosa linda maga bailarina IrMarGo.

A miña mente pensante e a miña mente rastreadora, cansadas de darlle voltas e reviravoltas a tan importantes cuestións vitais para Icía, consideraron que debía deixarme levar polo sentir dos nosos pequenos grandes corazóns, os cales latexando ao ritmo dos nosos soños crearían a atmosfera máxica necesaria para poder vivir intensamente as novas aventuras vitais, educativas e terapéuticas de Icía.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

martes, 4 de agosto de 2020

DANZA

O AIRE!!!

A gran dificultade de saber vivir a vida intensamente radica en ser capaces de danzar o aire, sexa este unha suave brisa ou sexa este un devastador furacán.

Todo aire que danzaba detrás de cada un dos nosos pasos dados dende o inicio da nosa aventura vital converteuse nunha gran forza motora para buscar novos aires que nos impulsaron a seguir o noso difícil camiño con ilusión renovada porque todo o que ten vida se move constantemente.


Todo o aire que danzaba detrás de cada un dos nosos avances acadados dende o inicio da nosa aventura vital converteuse nun  enorme impulso enerxético para iluminar a nova senda que nos agardaba con emocionantes vivencias que nos animaron a seguir o constante movemento da vida.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power