martes, 28 de xullo de 2020

CLAROSCURO

APRENDIZAXE VITAL!!!

Tod@s temos "claro" que o exceso de escuridade non nos permite ver a nosa senda a seguir pero quizais tod@s temos "escuro" que o exceso de claridade pode ser igualmente cegadora para a nosa ruta a percorrer.

O noso momento vital, neste punto da nosa aventura vital, era de tan inmensa luminosidade que non nos permitiu decatarnos de que estabamos a punto de perder a unha das pezas fundamentais do crebacabezas terapéutico de Icía xa que os astros se aliñan e desaliñan coa mesma intensa velocidade.

A perda da nosa linda peza bailarina foi dunha tremenda dureza e dun gran desasosego porque moitísimas veces a miña mente e o meu corazón intentan ir máis adiante ca nosa vida e planifican e imaxinan os pasiños a vivir e a sentir pero o cosmos non sempre está disposto a seguir o mesmo rumbo ca miña veloz mente e o meu sensible corazón.



O tempo é un gran mestre de vida e o seu transcorrer foi transformando a dureza e o desasosego da nosa perda nunha aprendizaxe vital que me fixo comprender que a nosa linda peza bailarina sempre estaría acompañándonos en cada movemento, en cada risa e en cada avance de Icía e que tiñamos que intentar cultivar a nosa capacidade de bailar os claroescuros da nosa aventura vital ao noso ritmo cósmico e estelar.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power

domingo, 26 de xullo de 2020

UliMatz

MAGNÍFICA SORPRESA!!!

Na nosa aventura vital tiñamos por diante unha longa ruta cheíña de curvas, fochas, encrucilladas e desniveis que parecían estar sempre aí para dificultar os pasiños de avance da pequerrechiña.

A nosa imprescindible compañeira de viaxe, a Música, o vento do norte e a brisa do sur axudáronnos a virar de camiño e descubrir que no novo rumbo tomado existían seres máxicos que nos acompañarían e nos guiarían para crear un universo cargadiño de posibilidades para Icía.

Todas as pezas máxicas do crebacabezas educativo e terapéutico de Icía estaban ben colocadiñas para poder soñar e avanzar pero a vida é tan realmente impresionante que nos tiña reservada unha magnífica sorpresa vital.

No novo rumbo atopámonos dun xeito fermoso e casual coa cordial e afectuosa UliMatz que resultou ser a mellor guía de alta montaña para a nosa intrépida aventureira.

O noso primeiro encontro foi realmente sorprendente e a pesar de non falar exactamente a mesma linguaxe e da xigantesca distancia física que nos separa, naceu unha fermosa conexión natural que vive e crece con intensidade a cada pasiño do noso camiño vital.

Sempre agradecidas pola magnífica sorpresa vital, por cada aventura vivida coa nosa alegre guía de alta montaña e pola nosa lindísima amizade crecente.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

sábado, 25 de xullo de 2020

SUPERPODERES

SIMPATÍA, PACIENCIA E TENACIDADE!!!

Durante o transcurso do primeiro ano de escolarización domiciliaria da nosa aventureira Icía fomos descubrindo pouquiño a pouco que o seu profe tiña os magníficos superpoderes da simpatía, da paciencia e da tenacidade.

Esta fantástica combinación de superpoderes nos permitiron descubrir que en realidade o profe de Icía era o noso supermegaprofe BruLoFer e que chegou a nosa casiña cunha marabillosa misión de alto voltaxe educativo e vivencial.


Esta marabillosa misión foise transformando nunha asombrosa aventura escolar que estivo cargadiña de grandísimas vivencias, nutritivas aprendizaxes e curativas risas que nos levaron a descubrir o enorme potencial de superación de Icía para intentar seguir o ritmo do mundo infantil  e procurar avanzar no seu camiño cheíño de fochas, curvas e demais dificultades dificultosas.


Sempre agradecidas por todo o vivido e aprendido grazas aos estupendísimos superpoderes do mellor profe do mundo mundial que puidemos ter para iniciar a aventura escolar da pequerrechiña.




... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!



Ceci Music & Icía Power

mércores, 22 de xullo de 2020

AiMarO

MOVEMENTO NATURAL!!!

A enerxética luz solar iluminou os nosos pasiños e o agarimoso vento do sur soprou e resoprou para redirixir o noso rumbo para poder chegar a nosa gran amante da natureza, a natural AiMarO.

AiMarO e o seu movemento natural ao noso fermoso mar nos brinda un sinfín de novas aprendizaxes que nacen a posteriori dos nosos encontros e que axudan a Icía a seguir avanzando pasiño a pasiño a unha maior conexión co veloz mundo exterior. 


AiMarO e o seu movemento natural a nosa sorprendente terra nos fai gozar de grandes momentos vividos e compartidos coa familia máis encantadora, acolledora e musical que o destino foi tan amable de cruzar na nosa intrépida aventura vital.


Sempre agradecidas por cada novidosa aprendizaxe, por cada sorprendente avance e por cada diversa vivencia familiar.




... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

sábado, 18 de xullo de 2020

ILAB

UNHA CASA CHEÍÑA DE ENCANTO!!!

O noso corazón comezaba a vibrar a gran velocidade e con moitísima intensidade por todas as aventuras vitais que estamos a vivir neste novo camiño andado con ilusión desbordante e guiado coa marabillosa luz lunar,  coa fantástica enerxía solar e coa forza do tintileo estelar.

O noso corazón comezou a palpitar a un bo ritmo musical porque a nosa magnífica combinación sideral acompasada coa maxia da nosa linda maga IrMarGo nos levou a Ilab, unha fermosa casa astur cheíña de encanto e cunha anfitrioa que creou un fermosísimo ambiente relaxante, reparador e curativo para tod@s @s aventureir@s terapéutic@s.

O noso corazón sideral a tres bandas comezou a latexar con gran ímpeto porque todas as aventuras terapéuticas e vitais vividas en Ilab nos enriqueceron substancialmente e nos fixeron seguir soñando con novas aventuras por vivir e con novos camiños por descubrir na inmellorable compañía da nosa linda maga IrMarGo.

Sempre agradecidas por unha curativa viaxe, unha encantadora estancia e unha inmellorable compañía.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power

mércores, 15 de xullo de 2020

BruLoFer

INICIO DE MOITOS ENCONTROS!!!

A escolarización de Icía sempre foi un tema moi delicado para nós e de moitas voltas e reviravoltas reflexivas na miña cabeciña porque o seu ritmo vital sempre vai moito máis paseniño que a velocidade vital á que circula o mundo infantil.

O tren da "Educación Infantil" foi imposible de alcanzar para Icía porque ela estaba moi atascada no seu desenvolvemento psicomotor ou quizais nós mesmos non a quixemos someter a un esforzo de tan inmensa magnitude porque a viaxe estaría cheíña de incesantes troupeleos, enormes fochas e dunha agotadora zarangallada de ruídos que lle impedirían desfrutar da asombrosa paisaxe da aprendizaxe.

O tren da "Educación Primaria" estaba agardando por nós e tivemos que estudiar e planificar detalladamente como subir a Icía a este tren de obrigada viaxe neste intre da súa aventura vital.

O tren da "Escolarización Domiciliaria" foi o billete que atopamos gardadiño nun caixón da estación. Este inesperado billete daba resposta aos consellos médicos e ademais resolvía todas as nosas dúbidas e todos os nosos medos.

Estabamos ilusionadas porque nos agardaba unha viaxe de longo percorrido educativo e estabamos seguras de que viviriamos grandes aventuras. Como en calquera inicio tiñamos medo ao descoñecido ata o preciso intre no que nese tren tivemos a grandísima sorte de atoparnos co noso supermegaprofe BruLoFer co que vivimos unha fermosa viaxe inmensamente ilusionante, tremendamente divertida e docemente enriquecedora.

Sempre agradecidas porque todo o que vivimos, rimos e aprendemos neste primeiro encontro educativo fíxonos dar grandísimos chimpos de alegría que se repiten dun xeito máxico e sorprendentemente natural en cada novo encontro que a nosa aventura vital nos permite vivir co noso supermegaprofe BruLoFer.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power

domingo, 12 de xullo de 2020

VanEsBlan

TODO DEPENDE DA NOSA MIRADA!!!

A liberación da tremendísima carga disciplinaria do método Doman e a nova aventura máxica do método Feldenkrais nos permitiu recuperar a enerxía necesaria para poder descubrir que tras cada dura verdade sempre hai un magnífico misterio sen resolver.

A nosa verdade médica a nivel oral, tanto a deglución como a comunicación, eran dunha case total negación de posibilidades para Icía pero no noso camiño se cruzou unha alegre fada para animarnos a cambiar a nosa estática mirada.

O incesante voo da nosa fada VanEsBlan, sempre co seu ollar cheo de ledicia e co seu vivaz sorriso, foi derrubando grandes murallas de pedra e estendendo sementes dun extraordinario soño de crecemento oral da nosa pequerrechiña.

Sempre agradecidas por cada enérxico sorriso, por cada fermoso voo e por cada flor que naceu no noso cruce de camiños que converteron a dura verdade nun magnífico misterio a vivir e soñar.





... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!



Ceci Music & Icía Power

xoves, 9 de xullo de 2020

BOOM

EXPLOSIÓN DE RISAS E AVANCES SEN IGUAL!!!

O método Doman foi a táboa de salvación que apareceu ante nós e a que nos aferramos dende os primeiros meses de vida de Icía ata os seus seis aniños para intentar non afundirnos no gran océano de medos e dúbidas que nos ocasionaba a grandísima complexidade da súa alteración xenética e a vida nosa que se estaba formando entorno a ela.

O método é dunha dureza incalculable pola cantidade de tempo e de esforzo físico e psíquico a empregar para acadar uns resultados mínimos de avance porque todas as áreas do sistema psicomotor da pequechiña estaban gravemente afectadas pero non tiñamos escapatoria e foi atrapándonos como unha xigantesca tea de araña.




E chegou ese momento no que xa non tiñamos máis enerxía vital para seguir atrapadas na tea de araña. Menos mal que unha minúscula carga enerxética permitiu que escoitaramos unha voz do norte que resoaba na nosa escuridade e que nos invitou a correr entre as árbores para ser capaces de escapar da nosa terrible araña e poder ver a nosa gran maga bailarina que nos estaba agardando para levarnos á luz.




Cada baile coa nosa linda maga bailarina IrMarGo foi provocando diferentes explosións de desenvolvemento na pequerrechiña pero a máis sorprendente explosión foi a primeira porque veu cargadiña de brillo de sons, luces de risas e cores de avances que nos fixeron soñar que o novo camiño tomado nos levaría a vivir grandes aventuras xirando na nosa vertixinosa vida.




E a nosa vida comezou a non ser unha disciplina férrea para chegar a ambigua meta da mal chamada normalidade que tanto nos estaba esgotando para converterse nun enriquecedor xogo cambiante que nos permitía desfrutar das cousiñas minúsculas da vida como a música que coa súa maxia formou un marabilloso vínculo entre nai-filla e filla-nai porque con cada son escoitado, tocado e vivido intensamente creamos o noso soño de amor e felicidade infinito.




... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power