CECI & AVENTUREIR@S 2021-2022

 01. A BANDA DE AMIG@S DA MÚSICA!!!

30-09-2021

Tras un ano académico pasado ben complicado no que tivemos que cantar sen cantar, tocar sen tocar e bailar sen bailar nas vosas aulas recibimos ao comezo deste novo ano académico a grandísima nova de que podiamos volver á nosa linda aula de música para cantar, tocar e bailar sen parar e formar unha marabillosa banda de amig@s da música.
Aprendemos música sentindo o seu latexo no corazón!!!
Ceci Music
_____________________________________________________

02. DEPRESSA A VIDA PASA!!!
22-10-2021

Cada vez que me fago un pouqiño máis maior voume dando conta da grandísima fugacidade da vida.
Unha fugacidade de vida cheíña de lindas persoas que estiveron, están e estarán para enriquecela e facela inesquecible.

Unha fugacidade da vida cheíña de múltiples vivencias que me axudan a crecer e madurar.
Unha fugacidade da vida cheíña de preciosos agasallos como as artes e a natureza que me aportan paz e tranquilidade para evolucionar e avanzar.

A vida é tremendamente fugaz e magníficamente preciosa así que unhas veces cunha bágoa e outras veces cun sorriso a desfrutala me toca!!!
Ceci Music
_____________________________________________________

03. DEIXOME IR!!!
19-11-2021

Nalgunhas marabillosas ocasións parece que os acontecementos da vida real se mesturan dun xeito maxicamente sideral como se algún ser superior compuxera con suma delicadeza o entrelazado artístico para poder desfrutar dunha fabulosa obra creativa na que se acompasan extraordinariamente as fermosas verbas de Darío Cabana, as melodiosas notas de Aida Seco, a tenra voz de Uxía Senlle e os lindos  debuxos de Carlos Lago para homenaxear a Narf e aprender a deixarme ir.
Ceci Music
_____________________________________________________

04. NIN UNHA MENOS!!!
25 -11-2021

Os micromachismos e macromachismos do noso ancestral patriarcado nos invaden dende a nosa aparición neste planeta e os imos asumindo e interiorizando inconscientemente nas nosas vidas.

Por desgracia, a violencia de xénero é a súa máxima expresión e segue a latexar con demasiada intensidade en pleno século XXI.

Basta xa, nin unha menos, equilibremos a balanza entre mulleres e homes e poder así cambiar o curso da historia en harmonía xenérica.
Ceci Music
_____________________________________________________

05. BLACK FRIDAY!!!
26 -11-2021

A medida que me vou facendo maior aumenta con creces o meu desacougo por vivir nunha sociedade na que prevalece:

- o ter sobre o ser.
- a economía sobre o real.
- a guerra sobre a paz.
- o masculino sobre o feminino.
- a aparencia sobre a sinceridade.
- o superficial sobre a sinceridade.
- a cidade sobre a aldea.
- o corpo sobre a mente.
- a moeda sobre a cultura.
- o ruído sobre o silencio.
- a velocidade sobre a lentitude.
- o dominio sobre o compañeirismo.
- a inmediatez sobre a constancia.
- o rabaño sobre o individuo.
- a falsidade sobre a verdade!!!
Pasando moito do Black Friday!!!
Ceci Music
_____________________________________________________

 06. DÍA DA DIVERCAPACIDADE!!!

03-12-2021

Hoxe é o día mundial das persoas con "DIScapacidade" pero esa palabra nunca acabou de convencerme e dende que Icía forma parte da miña aventura vital xa nunca máis volverá a ter sentido para min porque con esta pequerrechiña gran aventureira comprendín que esa palabra soamente se centraba nas limitacións das persoas con diversidade funcional pero que se somos capaces de mirar cunha maior profundamente a esas persoas descubriremos que teñen moitísimas máis capacidades que limitacións e que poden ser realmente marabillosas para quen sexa capaz de mergullarse nas profundidades do seu enriquecedor mundo interior.
RAFAEL GUILLÉN

Quizais teñamos que interiorizar que tod@s somos diversas follas da mesma árbore, cunha mesma raíz alimentándose dos mesmos agarimosos nutrentes e chantada no sólido chan da "DiverCapacidade" para poder lograr o soño dun mellor mundo para tod@s na nosa inmensa diversidade.
Anímaste a vir connosco para intentar facer cada vez máis grande a palabra que máis nos gusta a Icía&Family, "DiverCapacidade"!?
Se vós animades poderemos celebrar todos os días do ano que tod@s as persoas temos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e "Powers" que debemos conseguir facer máis grandes..."DiverCapacidade"... Avante a toda máquina!!!
Ceci Music
_____________________________________________________

 07. É COMO ME MIRAS!!!

15-12-2021

Hoxe o grupiño de compis de referencia de Icía tivo a sorte de vivir unha nova aventura virtual coa súa compañeira escolarizada na casiña pola súa gran diversidade funcional para seguir intentando facer máis grande o soño da "DiverCapacidade".

Nesta nova aventura tod@s aprendemos que todo é posible se o sentimos na nosa mente e no noso corazón porque realmente non son os ollos, é a  mirada, que non é a mirada, é como me miras, que non é a mirada e como nos miramos mutuamente para seguir soñando cun mundo mellor.
Sempre soñando coa "DiverCapacide"!!!
Ceci Music
_____________________________________________________

 08. MUSIQUEAR, XOGAR E APRENDER!!!

31-12-2021

Este ano que despedimos tivo o seu aquel doloroso inmensamente grande por unha gran e variada cantidade de motivos pero o musiquear, xogar e aprender cos meus querid@s aventureir@s sempre formarán parte da miña sanadora curación.

Esta divertida canción que viaxa no enriquecedor tren de María FumaÇa co seu maquinista do amor, Ruí, marcando o seu diverso rumbo, foi un total e absoluto éxito co grupiño de músicos pequerrechiñ@s do noso dinámico centro educativo cada vez que a cantabamos, xogabamos e aprendiamos moito máis que música ao seu compás.

Así que toca despedir este aniño musiqueando, xogando e aprendendo de cada momento vivido e lembrando cada bo intre profesional e vital porque por sorte habelos halos.
Ceci Music
_____________________________________________________

09. SER UN SER MÁIS PLANETARIAMENTE HUMAN!!!

01-01-2022

Hoxe é o primeiro día dun aninovo que oxalá nos agasalle a tutti fermosas aventuras, bonitos sorrisos e lindas emocións vitais para que todo o planeta sinta no seu forte interior e sexa quen de transmitir con todo o seu agarimo interior ao mundo exterior este fermoso sentir da miña querida Madame Pedreira: "Ser un ser máis planetariamente human".
Feliz aninovo 2022 que esperemos veña cargadiño de enriquecedora "DiverCapacidade" para tod@s @s querid@s aventureir@s que formades parte da miña aventura vital de mil xeitos ben lindamente diversos.
Ceci Music
________________________________________________

10. ESTE PLANETA É DIVERTIDO!!!

10-01-2022

Hoxe comezamos un novo trimestre escolar cunha certa sensación de desacougo porque o mal bichiño que nos acompaña dende xa fai algún tempo parece estar demasiado activo para poder desfrutar da vida sen esa incerteza que parece xa formar parte do noso devir cotiá pero debemos ser o suficientemente valentes para descubrir a nosa forza interior e lembrar que o noso planeta é ben divertido.
O xeitiño de vivir intensamente no noso planeta ben divertido é seguir o noso caminiño que anda sen parar cara adiante, cara atrás, cara arriba, cara abaixo e dar todas as reviravoltas necesarias para de novo volver a comezar.
Así que a colocar as nosas cousiñas na mochila escolar para volver en bus, en coche ou pasiño a pasiño ao noso mundo escolar... Por iso, marcho que teño que marchar.
Ceci Music
________________________________________________

11. AMÁNDOTE NUNCA ESTAREI SOA!!!

14-02-2022

Penso en ti pequerrechiña todo o meu tempiño vital porque a curva dos teus latexos fai xirar os meus verbos e non podo sacarte da miña cabeciña e do meu corazón porque querémonos tanto tantísimos que estaremos sempre en curva ascendente ou descendente vivindo intensamente a nosa aventura vital.
Agora comezo a ser consciente porque xa son capaz de ver a través da túa agarimosa inocencia e aínda que sei que o camiño estase a poñer ben complicado a música mantén o meu espírito pero nada se pode comparar coa túa forma natural de amar. Algunhas veces sei que vou conducindo en círculos na miña agotada cabeciña pero conseguirei unha liña, sexa recta ou curva, para poder vivir contigo intensamente a nosa aventura vital.
E todo será posible porque cando estás ao meu carón estasme a dicir que nunca estarei soa, porque cando me agasallas cunha e mil apertas estasme a dicir que sexa forte e cando nos botamos de menos estamos a dicirnos que teremos a enerxía positiva necesaria para vivir intensamente a  nosa aventura vital.
Amándote nunca estarei soa!!!
Ceci Music
________________________________________________

 12. ROSAlía pequeNIÑA!!!

23-02-2022

ROSAlía pequeNIÑA
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía 
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben maimiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

ROSAlía pequeNIÑA
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

ROSAlía pequeNIÑA
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

ROSAlía pequeNIÑA
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
ROSAlía , rosa, ROSAlía
ROSAlía, nosa rosa.
Letra: Uxía Senlle
Música: Magín Blanco
Ilustración: Marina Seoane

ROSAlía, nosa rosa, sempre!!!
Ceci Music
________________________________________________

13. DÍA DAS ENFERMIDADES RARAS!!!

28-02-2022

Icía ten unha desas rarísimas enfermidades raras. Tan rara é a súa alteración xenética que soamente hai cinco casos rexistrados no noso país e nin sequera coinciden nas pataloxías coa nosa intrépida aventureira.

Así que podemos dicir que fai doce aniños o noso trío familiar comezou a bailar un complicadísimo valse pero como todo na vida é cuestión das ganiñas que lle poñamos ao asunto da cuestión, este par de tres que somos nos concentramos moito moitísimo na preciosa música, na nosa compenetración a tres bandas e sobre todo na enerxía positiva que nos transmite a nosa pequerrecha e con moita práctica e empeño imos xa pillándolle o punto a isto de bailar o noso complicado pero ilusionante valse porque ademais temos a sorte de ir coñecendo a grandes amantes do baile que se van acompasando ao noso lento compás.

En definitiva, a vida é tan fácil ou tan difícil como bailar un valse pero na mellor das compañías todo o noso complicado baile é moito difícil pero nunca imposible.

Unha inmensa peniña sentimos pola xente que decide non intentar seguir o noso bailable valse e graciñas mil a todas as lindas persoas que de mil xeitos diferentes formades parte do noso vital compás!!!
Anímaste a bailar o noso valse!?
Ceci Music
________________________________________________

14. UNHA PISTOLA ENTRE AS SÚAS MANS!!!

03-03-2022

O meu corpo está a pesar demasiado porque a tristeza gravitaría invadiu a miña mente e o meu corazón xa que unha vez máis o ser humano decidiu ter unha pistola sobre as súas mans.

Imposible ver con claridade un futuro mellor porque os terribles rectángulos virtuais  soamente nos amosan homes e mulleres baixo o cegador po da desolación dunha nova avaricia atroz humana e unha infancia chorando baixo os escombros das súas tronzadas vidas.

Quizais nada poda xa afogar o meu pranto manando dende o máis fondo do meu pesar e quizais nada poda xa recuperar a miña fe interrompida no camiño desta nova guerra que indica que o ser humano sempre volverá a caer unha e mil milleiros de veces na maior das súas insensateces vitais.
I believe in nothing, not the end and not the start
I believe in nothing, not the earth and not the stars
I believe in nothing, not the day and not the dark
I believe in nothing but the beating of the hearts
I believe in nothing, one hundred suns until we part
I believe in nothing, not in sin, not in god
I believe in nothing, not in peace and not in war
I believe in nothing but the truth of who we are
If we don´t end war
war will wnd us
H.G. WELLS
Ceci Music
________________________________________________

15. CADA LUZ É UNHA FERMOSA LEMBRANZA E UNHA ILUSIONANTE ESPERANZA!!!

08-03-2022

Esta noite a miña lúa está demasiado baixa porque non é como fai anos no que os medos limitantes e as desafortunadas realidades non me freaban xa que contaba con toda a miña intacta enerxía positiva do meu mundo exterior e interior.

Esta noite a miña lúa está demasiado baixa porque languidezo coa miña realidade próxima e afastada pero xusto cando estaba a punto de esmorecer unha lindísima man amiga invitoume a un nocturno baño musical no que cada luminosa luz é unha fermosa lembranza e unha ilusionante esperanza dun futuro mellor na compañía da nosa amigable amizade.
DoFonLas, que acontecería se existisen dúas lúas orbitando arredor do sol máis fermoso!?
Ceci Music
________________________________________________

 16. A LIBERDADE É O AGORA!!!
DÍA DO SÍNDROME DE DOWN
21-03-2022

Como mamá dunha nena con profundis DiverCapacidade soamente necesito poder soster os seus ollos e expresarlle todo o que teño no meu corazón e na miña mente que quizais non sempre apareza no meu agotadiño rostro para poder respirar cada momento vital na súa agarimosa compañía e poder entrar nun novo horizonte vital.
Un novo horizonte no que ambas podamos sentir a nosa liberdade sentindo a positiva enerxía solar e lunar sen proxectar sombra algunha para quedarnos lindamente xuntiñas na fermosa liberdade que é o agora... Para non afastarnos nunca do agora, para perder o noso rumbo no agora, para ver a túa cariña no agora... Icía sempre toma a miña man e lévame a bailar a fermosa liberdade que é o agora.
Ceci Music
________________________________________________

 17. MILLEIROS DE MARES DE MUSICAIS CORES!!!

06-04-2022

Na recta finalis deste segundo trimestre escolar tiven a enerxía positiva necesaria para cumprir todas as promesas feitas ao meu alumnado de cuarto, quinto e sexto nas visitas reais e virtuais da nosa pequena gran aventureira durante o primeiro trimestre.

Primeira e segunda promesa cumprida co alumnado de cuarto e de quinto para pintar ao "Xeito de Icía" na compañía de Icía Power e de todo o profesorado que participou activamente para poder facer realidade un ilusionante milleiro de mares de cores dun alumnado entregado con gran entusiasmo o noso soño da DiverCapacidade.
Terceira promesa cumprida co alumnado de sexto para desfrutar dunha sesión musical intesamente vivida por todo o alumnado e profesorado na enriquecedora compañía de Icía que sempre nos intenta ensinar que debemos intentar deixar as portas abertas das nosas mentes e dos nosos corazóns para descubrir que cada historia ten un recendo cheíño de moitas cores porque tutti somos flores e soles á procura dun colorido amor.

Graciñas mil a Icía Power por ser a miña creativa inspiración, ao seu papá por estar sempre e ser o noso impulso para seguir soñando, a profe Sonia Smile pola súa maxia creativa e polo seu agarimoso sorriso, a todo o profesorado que se animou a participar activamente e a todo o profesorado que estaba desexando estar pero que por diversos motivos non puido ser e a todo o alumnado de cuarto, quinto e sexto por acompañarnos tan lindamente en cada unha das nosas intrépidas aventuras para inundar as súas mentes e os seus corazóns co soño dun mundo mellor cheíño de milleiros de mares de musicais cores da DiverCapacidade!!! 
Ceci Music
________________________________________________

 18. PAPÁ, ESTÁS TAN LONXE ou ESTÁS TAN PRETO!?

14-05-2022

O tempo é inmensamente fugaz e a vida quizais  transcorra nun minúsculo abrir e pechar de ollos e por iso necesito pensar cada día da miña aventura vital: "Papá, estás tan lonxe"
Eu estou segura de que a ti tamén te doe tanto coma min a nosa obrigada distancia porque xa connosco non podes vir e quedar nin un ínfimo anaco de fugaz tempo...

... pero necesito sentir cada día da miña aventura vital: "Papá, estás tan preto" porque sempre na infinidade do meu pensamento e do meu corazón vas a estar.
Papá, sempre...!!!
Ceci Music
________________________________________________

 19. TUTTI BAILAMOS, TUTTI FALAMOS, TUTTI ESCOITAMOS E TUTTI PENSAMOS!!!

22-06-2022

Este toliño mundo quere que todas as persoas sigamos o seu modelo igualitario e que todas as persoas que non entran dentro dos seus reducidos canons sexan persoas opostas no noso pensamento e no noso sentir cotiá.

Co noso proxecto "DiverCapacidade-InterAbility" intentamos de mil xeitos diferentes que o noso alumnado comprenda e simpatice con toda a diversidade de persoas que habitan este toliño mundo e sinta profundamente na súa cabeciña e no seu corazón que tutti bailamos, tutti falamos, tutti escoitamos e tutti pensamos e que debemos ser fieis a nosa esencia diversa porque ese é o marabilloso agasallo que nos fixeron as deusas e os deuses do noso universo sideral.

Felices Vacacións a tutti na vosa diversidade e a gozar dun verán que pinta ben caloroso!!!
Ceci Music
_______________________________________________ 
2021-2022