ICÍA FOTOPOWER

   01. ICÍA POWER EN ACCIÓN!!!

Son Icía e teño unha grandísima DiverCapacidade que me fai ter infinidade de Limits que sempre estou a intentar facer máis pequenos pero aínda que non todo o mundo é capaz de velos a primeira vista tamén teño infinidade de Powers que sempre estou a intentar facer máis grandes. Vou gustar de compartir convosco algunhas das miñas aventuras vitais, terapéuticas e escolares con milleiros de fotos que sempre anda a capturar a miña mamá e o meu papá para que coñezades a esta intrépida aventureira da DiverCapacidade que son eu... 


Estade moi atent@s porque intentaremos ir dándolle vida a esta miña aventura fotográfica porque a miña mamá sempre anda a mil cousiñas e o tempiño non dá para todo o que ela imaxina na súa dinámica mente grazas aos impulsos do seu  intrépido corazón.
Icía FotoPower
________________________________________________

   02. OLA, OLA!!! SON ICÍA!!!

A miña aventura vital comezou unha escura noite de frío invernal porque tras escoitar ao agarimoso colleito da barriga da miña mamá as actuacións do festival de nadal do noso centro educativo, decidín que xa era o momento axeitado para saír a descubrir por min mesma o mundo vital que estaba agardando por min cheo dunha infinidade de cores sonoras para poder aportar a miña propia nota de cor musical...

ICÍA POWER - DECEMBRO 2009

Os meus dous compis de aventura vital estaban emocionados pola miña chegada a súa escena vital e nerviosos a partes iguais porque o seu futuro comigo iniciouse cun inmenso desacougo, xa que os profesionais que me axudaron a vir a este mundo percibiron que a miña cabeciña era moi pequerrechiña e ese minúsculo detalle podía ser indicativo dunha aventura vital ben complexa para min e para este par de tres que somos na nosa familia grazas a intelixencia do destino.

ICÍA POWER & LELO WOOD - DECEMBRO 2009

ICÍA POWER & CECI MUSIC - DECEMBRO 2009

Icía FotoPower
________________________________________________

   03. MALAS NOVAS DÍA SI E DÍA TAMÉN!!!

O meu primeiro ano de vida foi duro demais tanto para min como para este par de dous que me acompañan nesta miña aventura vital da DiverCapacidade...

ICÍA POWER - XANEIRO 2010

Todo parecía ir ben mentres estiven no acubillo interior da miña nai pero ao saír ao mundo exterior todos os prognósticos de futuro eran tirando a negro carbón polo simple feito de nacer cun perímetro cranial máis pequeno que os estándares establecidos da normalidade...

ICÍA POWER - FEBREIRO 2010

Cada proba realizada polos profesionais médicos e cada vivencia vivida na miña breve aventura vital ían encamiñando ao meu par de dous acompañantes a descubrir que a miña vida ía ser unha inmensa escalada porque todo parecía indicar que non ía ser capaz de oír, ver, falar, andar e comer cunha certa normalidade vital...

ICÍA POWER - FEBREIRO 2010

Os sentimentos imaxinados por este par de dous acompañantes tras a miña primeira aparición en escena comezaron a ser intensamente reais no breve trascorrer de tempo vivido ao meu carón: tristeza, rabia, impotencia, angustia, culpabilidade e un infinito etcétera de negatividade que eu intentaba con toda a miña forza vital reducir a súa realidade máis ínfima...

ICÍA POWER - MARZO 2010

Pero era innegable que este par de tres non estabamos a vivir precisamente un inicio de viaxe na calma da tranquilidade evolutiva infantil que nos permitira poder gozar de cada breve instante da miña nova incorporación vital a este mundo...

ICÍA POWER - ABRIL 2010

Xa que a crúa realidade estaba realmente ocupada na ardua labor de non facilitarnos o asunto da cuestión da alimentación que era unha das máis graves consecuencias da miña rarísima alteración xenética...

ICÍA POWER & FAMILY - MAIO 2010

ICÍA POWER - MAIO 2010

ICÍA POWER - MAIO 2010

ICÍA POWER - MAIO 2010

ICÍA POWER & FAMILY - MAIO 2010

A infinita dificultade do mundo da miña alimentación non favorecía en absoluto nin o meu devir cotiá nin o dos meus acompañantes e tampouco me permitía ter a enerxía necesaria para poder ir acadando os pasos evolutivos establecidos polos estándares da normalidade para acadar o meu xeitoso desenvolmento vital...

ICÍA POWER - XUÑO 2010

ICÍA POWER - XUÑO 2010

ICÍA POWER - XUÑO 2010

Icía FotoPower
________________________________________________
Continuará...