martes, 28 de xullo de 2020

CLAROSCURO

APRENDIZAXE VITAL!!!

Tod@s temos "claro" que o exceso de escuridade non nos permite ver a nosa senda a seguir pero quizais tod@s temos "escuro" que o exceso de claridade pode ser igualmente cegadora para a nosa ruta a percorrer.

O noso momento vital, neste punto da nosa aventura vital, era de tan inmensa luminosidade que non nos permitiu decatarnos de que estabamos a punto de perder a unha das pezas fundamentais do crebacabezas terapéutico de Icía xa que os astros se aliñan e desaliñan coa mesma intensa velocidade.

A perda da nosa linda peza bailarina foi dunha tremenda dureza e dun gran desasosego porque moitísimas veces a miña mente e o meu corazón intentan ir máis adiante ca nosa vida e planifican e imaxinan os pasiños a vivir e a sentir pero o cosmos non sempre está disposto a seguir o mesmo rumbo ca miña veloz mente e o meu sensible corazón.



O tempo é un gran mestre de vida e o seu transcorrer foi transformando a dureza e o desasosego da nosa perda nunha aprendizaxe vital que me fixo comprender que a nosa linda peza bailarina sempre estaría acompañándonos en cada movemento, en cada risa e en cada avance de Icía e que tiñamos que intentar cultivar a nosa capacidade de bailar os claroescuros da nosa aventura vital ao noso ritmo cósmico e estelar.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power