domingo, 26 de xullo de 2020

UliMatz

MAGNÍFICA SORPRESA!!!

Na nosa aventura vital tiñamos por diante unha longa ruta cheíña de curvas, fochas, encrucilladas e desniveis que parecían estar sempre aí para dificultar os pasiños de avance da pequerrechiña.

A nosa imprescindible compañeira de viaxe, a Música, o vento do norte e a brisa do sur axudáronnos a virar de camiño e descubrir que no novo rumbo tomado existían seres máxicos que nos acompañarían e nos guiarían para crear un universo cargadiño de posibilidades para Icía.

Todas as pezas máxicas do crebacabezas educativo e terapéutico de Icía estaban ben colocadiñas para poder soñar e avanzar pero a vida é tan realmente impresionante que nos tiña reservada unha magnífica sorpresa vital.

No novo rumbo atopámonos dun xeito fermoso e casual coa cordial e afectuosa UliMatz que resultou ser a mellor guía de alta montaña para a nosa intrépida aventureira.

O noso primeiro encontro foi realmente sorprendente e a pesar de non falar exactamente a mesma linguaxe e da xigantesca distancia física que nos separa, naceu unha fermosa conexión natural que vive e crece con intensidade a cada pasiño do noso camiño vital.

Sempre agradecidas pola magnífica sorpresa vital, por cada aventura vivida coa nosa alegre guía de alta montaña e pola nosa lindísima amizade crecente.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power