xoves, 6 de agosto de 2020

PENSAR

MENOS E SENTIR MÁIS!!!

Un novo ano académico estaba a punto de comezar e a miña mente pensante non paraba de cismar que nos depararía a nova aventura escolar na casiña porque o moi posible cambio do noso supermegaprofe BruLoFer que se aveciñaba me producía unha certa sensación de vertixe e intranquilidade.

Un novo ano terapéutico a punto de iniciarse e a miña mente rastreadora non paraba de buscar e rebuscar unha nova senda para que a nosa pequena gran aventureira puidera seguir descubrindo o fabuloso mundo de posibilidades iniciado pola nosa linda maga bailarina IrMarGo.

A miña mente pensante e a miña mente rastreadora, cansadas de darlle voltas e reviravoltas a tan importantes cuestións vitais para Icía, consideraron que debía deixarme levar polo sentir dos nosos pequenos grandes corazóns, os cales latexando ao ritmo dos nosos soños crearían a atmosfera máxica necesaria para poder vivir intensamente as novas aventuras vitais, educativas e terapéuticas de Icía.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power