venres, 7 de agosto de 2020

MarOuPra

A NOSA LINDA CREADORA!!!

Icía é unha pequena-gran aventureira que nunca deixará de sorprenderme pola súa inmensa capacidade para explorar ao seu xeito o mundo que a rodea, superar con gran entusiasmo as súas grandes limitacións de base, aprender desfrutando ao seu ritmo lento pero seguro e avanzar polo seu camiño de grandes complexidades pero cargadiño de grandes vivencias. 

Para tan grande cometido a pequerrechiña necesitaba unha fermosa persoa que guiara os seus pasiños neste punto da súa aventura vital e unha magnífica profesional da ensinanza que fixera realidade o seu soño de seguir aprendendo na súa escola como case tod@s @s cativ@s do mundo mundial. 

O destino foi moi xeneroso connosco porque o novo ano académico nos agasallou a MarOuPra, a nosa linda creadora que con gran dedicación, paciencia e agarimo construíu unha fermosa escola de fantasía para a pequechiña.

Nesa fermosa escola de fantasía, MarOuPra e Icía viviron grandes aventuras vitais e educativas que significaron o inicio dunha fermosa amizade que nos segue agasallando con grandes momentos vividos e oxalá moitos por vivir coa nosa linda creadora.

Sempre agradecidas pola túa magnífica creación de escola para a pequerrechiña na que aprendemos e vivimos intensamente cada doce momento educativo e que foi o nacemento dunha linda amizade vital que crece e se fortalece pasiño a pasiño.
 

... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power