martes, 18 de agosto de 2020

reMOVO

 CONDUCIR OS MOVEMENTOS!!!


A vida cos seus movementos inesperados provocan novas rutas a explorar por nós como guías de camiño de Icía e a desfrutar pola nosa intrépida pequerrechiña. Estes movementos de cambio son recibidos por min con certa inseguridade no seu inicio pero co tempo aprendín que o constante movemento é necesario e fundamental para aprender, avanzar e evolucionar nesta nosa vida.

Neste momento da nosa aventura vital se produciu unha reorganización astral de tal magnitude que tod@s @s terapeutas de Cesil e Movo, cos que Icía estaba a vivir grandes vivencias e aprendizaxes, moveron subitamente os seus astros para conducir as súas órbitas polas súas novas e espectaculares sendas e poder así desfrutar de grandes experiencias profesionais e vitais.

Esta reorganización astral orixinou unha reacción estelar en cadea que uniu a un equipo de catro magníficas e fantásticas estrelas terapeutas no noso máxico Movo: PaKaiLo, MaiDelPe, SilMaDi e AnMeFir. Elas conduciron, ás mil marabillas, as máis fantásticas vivencias e incribles aprendizaxes da nosa aventureira Icía.

Sempre agradecidas co noso lindísimo equipo de estrelas en movemento cuaternario por todo o vivido e aprendido na súa compañía durante un ano terapéutico e vital no que as deusas do ceo nos agasallaron con tanto que nunca o poderemos esquecer.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power