sábado, 15 de agosto de 2020

SOÑO

  IMAXINADO FEITO REALIDADE!!!


Icía e eu temos unha gran amiga invisible que nos acompaña de mil xeitos diferentes e en miles de situacións distintas no noso intenso día a día. Esta amiga invisible, a Música, non ocupa un lugar físico porque chega a nós polo marabilloso vento para provocar unha conexión máxica e indescritible entre ámbalas dúas, miles de sentimentos que nos curan o que a primeira vista pensabamos incurable e unha fortaleza que nos permite soñar con gran ilusión e imaxinación a nosa ruta de aventuras vitais. 


Icía e eu temos unha gran amiga visible que na súa creación da escola de fantasía para a pequerrechiña fixo medrar en nós un lindo soño imaxinado. Esta amiga visible, a nosa doce profe MarPraOu, acompañounos a desfrutar  dun impresionante concerto musical do mago Magín Blanco e ter así a oportunidade dun primer contacto cos compañeir@s da pequechiña. Este sutil contacto foi un inmenso impulso para seguir soñando con novas rutas de accións e reaccións.


Despois desta fermosa aventura musical e vital vivida coa nosa amiga invisible, a Música, e coa nosa amiga visible, a nosa agarimosa profe MarPraOu, decidimos que tiñamos que ir a procura dos nosos soños porque a maxia musical e a enerxía estelar sempre iluminarían a nosa aventura vital.

Sempre agradecidas coa nosa amiga invisible, coa nosa visible e co mago musical polo momento máxico vivido e polos que nos quedan por vivir na súa fermosa compañía.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!


Ceci Music & Icía Power