domingo, 11 de xullo de 2021

APRENDIZAXES

NUN FANTÁSTICO MUNDO EDUCATIVO E PERSOAL!!!


O reloxo escolar de Icía sempre ten esa última gotiña de triste area que marca o remate do tempiño vivido xunto aos seus extraordinaridos e queridos profes. 

Neste preciso intre da súa aventura vital rematou un asombroso ano académico no que a superequetemegaprofe MaGonRi e a súa caixiña máxica das ideas, paseniño a paseniño, foi quen de crear un fantástico universo educativo para que a súa alumna Icía vivira a emocionante aventura das aprendizaxes evolutivas e dos descubrimentos vitais nun avanzar sen parar.

Neste preciso intre da miña aventura vital rematou un marabilloso ano académico no que as enriquecedoras e nutritivas conversas  coa superequetemegaprofe MaGonRi e a súa caixiña máxica dos pensamentos ensináronme a superar os meus paralizantes medos e animáronme a  camiñar un novo sendeiro inclusivo, emocional e educativo para @s compis da pequerrecha e para Icía un feixe de novas vivencias cheas de agarimo e inclusión natural no mundo escolar.

O fantástico do reloxo escolar deste ano académico foi que cando caeu esa última gotiña de triste area que marcaba o final do noso tempo escolar diario vivido xunto a profe MaGonRi, a maxia fixo das súas e por arte de birlibirloque o mecanismo xirou para agasallarnos con novas aventuras persoais a tres bandas.

Sempre agradecidas a maxia que nos permitiu sentir intensamente cada granciño de area vivido para crecer aprendendo e aprender crecendo a tres bandas e sempre esperanzadas de que a nosa maxia nos permita seguir desfrutando de novas e trepidantes aventuras vitais na compañía da nosa linda amiga MaGonRi.
... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power