martes, 13 de xullo de 2021

SOÑOS

 IDEAS PROXECTADAS, VERBAS EMITIDAS E 

EMOCIÓNS EXPRESADAS!!!


As ideas non proxectadas, as verbas non emitidas e as emocións non expresadas quizais vivan conxeladas nun mundo paralelo esperando o seu momento vital ou quizais vivan  agonizando para sempre no limbo das posibilidades perdidas!?

Icía e eu somos grandes soñadoras e pequenas loitadoras e animadas polos valentes pensamentos da nosa querida profe MaGonRi decidimos buscar a posibilidade de intentar atopar unha mellor senda para percorrer a aventura escolar da pequerrechiña e en definitiva, a súa mellor calidade de vida.

Pero hai momentos vitais que nos atopamos coa crúa realidade e os soños se cambalean e as loitas parecen perdidas.

Neses grises intres vitais necesitamos unha boa ración de música sanadora e unha estupenda dose de conversa enriquecedora que nos impulsen a seguir soñando cunha atención escolar personalizada e adaptada á Divercapacidade de Icía e a de cada alumn@ para decorar de milleiros de cores o noso mundo de soños por cumprir.

Querida profe MaGonRi, sempre agradecidas pola túa estimulante compañía musical e emocional para proxectar as nosas ideas, emitir as nosas verbas e expresar as nosas emocións para lograr un mundo mellor cheíño das infinitas cores da Divercapacidade.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power