xoves, 22 de xullo de 2021

CHORAR

  PARA NACER, ENTENDER E CRECER!!!


Cando chegou o intre da despedida de tantas marabillosas vivencias diarias a tres bandas coa nosa linda profe MaGonRi, a miña mente e o meu corazón foron o suficientemente fortes ou o sobradamente débiles como para necesitar chorar porque a soidade en binario envolveume de mil xeitos diferentes e fíxome sentir un exceso de triste e melancólica néboa silenciosa que me levou a caer para volver a nacer, entender e crecer.


Esa dolorosa caída penso eu que quizais chegou por un caudal demasiado inmenso de loita por acadar unha mellor calidade de vida da nosa intrépida aventureira, por bastante xentiña que non foi capaz de adaptarse ao noso paseniño ritmo vital e abandonou a nosa senda, por ciclos escolares e terapéuticos que chegaron ao seu obrigado fin diario provocando unha silenciosa tristeza, por un prognóstico de futuro que sempre nos produce un gran desacougo polo que acontecerá no novo camiño a percorrer con Icía.


Por cada unha das miles de nubes que voaban no meu interior naceu unha infinidade de incontables e inevitables bágoas que foron derramadas unha a unha polas miñas meixelas para chegar a terra que pisaban os meus pés para ser capaz de volver a florecer no mar das nosas musicais ilusións inclusivas .

... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power