luns, 26 de xullo de 2021

APERTAS

   "ICÍA ABRACITOS"!!!


Os "Limits" da "Divercapacidade"de Icía quizais non lle permitan expresar todo o seu inmenso mundo interior ao xeitiño que se considera erroneamente como "normal" ou quizais sexamos nós @s que non  teñamos a suficiente capacidade para comprender todo o que ela nos quere contar cos seus potentes sons, coas súas agarimosas miradas e cos seus alegres sorrisos.
 
Neste punto exacto da miña aventura vital no que a miña terrible caída foi tan significativa teño que mencionar que Icía tivo a capacidade de percibir dun xeito absolutamente asombroso o meu magoado corpo e a miña esgotada mente tras unha década de busca da súa mellor calidade de vida. 

Desa profunda percepción naceu en ela a necesidade de expresar o seu xigantesco mundo interior dándome a súa primeira aperta agarimosa para iniciar o camiño da miña recuperación enerxética vital. Pouquiño a pouquiño a pequechiña continuou a darme máis e máis lindas apertas curativas e converterse así na mellor terapeuta da súa mamá e así naceu un fermoso apelativo na cabeciña do seu papá que con todo o seu xigantesco amor comezou a chamala "Icía Abracitos".

Os "Powers"da "Divercapacidade" de Icía non paran de sorprendernos dende que esta intrépida gran pequerrechiña forma parte da nosa aventura familiar porque ela ten unha asombrosa e marabillosa filosofía vital cos seguintes fermosos principios: 

Non renderse nunca 
para
Intentar ser feliz
Ser moi agarimosa
para
Facer felices aos demais.
En definitiva,
Ser Icía Power!!!


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power