luns, 5 de xullo de 2021

CORES

 COMPARTINDO OS NOSOS LATEXOS!!!


A noite coa súa escuridade pode ser unha magnífica ocasión para escoitar e visualizar os nosos medos máis profundos e comprender que nesa escuridade nocturna sempre podemos chegar a percibir unha intensa e marabillosa enerxía guiadora que nos acompañará no noso camiñante renacer a un novo día coa súa revitalizante luz.

Icía e eu intentamos guiarnos por esa fascinante luz que nos permite estar sempre predispostas a percibir, na nosa calma tormentosa, os nosos latexos e intentar sempre sentir, na nosa tempestuosa serenidade, os latexos que se acompasan ritmicamente cos nosos porque deste xeito naturalmente natural a vida nos brinda  combinacións persoais marabillosas que nos conducen a vivir con gran intensidade as nosas enriquecedoras aventuras vitais.

As deusas luminosas todas quixeron agasallarnos cunha máxica e rítmica combinación in crescendo de diferentes latexos a tres bandas entre a profe MaGonRi, Icía e eu que en conxugación cunha boa base harmónica nacida da encantadora orientadora VanGilAbel orixinou a imperiosa necesidade de superar un dos meus máis soterrados medos limitantes.

A miña propia superación nacida da nosa combinación rítmica e harmónica con tan fermosas persoas fixo posible o crecemento dunha ilusionante melodía cheíña de múltiples boliñas  de cores musicais representativas dos diferentes latexos d@s compis da nosa intrépida pequerrechiña Icía.

Esta máxica, alucinante e magnífica mestura rítmica, harmónica e melódica compuxo unha partitura inclusivamente escolar que sentiu, sinte e oxalá sega a sentir o desexo dun mundo mellor na máis musical convivencia coa Divercapacidade. 

A nosa profe MaGon Ri e a nosa orientadora VanGilAbel sempre estarán presentes no noso pensamento e no noso corazón.



... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power