xoves, 5 de agosto de 2021

ESPERANZA

    UNHA PORTA ABERTA!!!


A nosa vida estaba deseñada na miña mente para ser marabillosa pero en demasiadas ocasións está atravesada por infinidade de bágoas que provocan unha grandísima inflamación por profundos ecos de dor no meu delicado tambor que intenta sempre soñar, sorrir, camiñar e chorar porque non todas as nosas aventuras vitais son boas pero sempre intento non queixarme demasiado xa que a miña mente é un espello no que me debo buscar para encontrar a nosa ansiada esperanza enerxética.


O camiñar pasiño a pasiño pola nosa senda con Icía o percorrido paréceme en certas ocasións longo de máis porque moitas circunstancias complicadas se repiten unha e outra vez pero da inmensidade da nada sempre se volve a nacer para poder ser capaz de mandar as condolencias aos meus escuros medos e as miñas trementes inseguridades. 


Así que o meu delicado tambor sempre agarda descubrir unha porta aberta que me axude a ter forzas para buscar o meu eu enerxético nalgunha eternidade divina para proseguir o camiño da esperanza dunha mellor calidade de vida para Icía.


...agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power