luns, 10 de agosto de 2020

MOVO

O VENTO FAVORECE O MOVEMENTO!!!

Danzando e soñando comezamos unha nova busca terapéutica para Icía pero non era doado atopar a nova senda porque moitas veces na vida cómpre esperar a que quizais o destino ou quizais nós mesmos movamos os astros para que se aliñen e todo ocorra dun xeito máxico e natural.

O noso agarimoso vento do sur fixo de mensaxeiro do destino para soprarnos ao oído a nova senda terapéutica da pequerrechiña e nós coa nosa enerxía estelar movemos os astros para que iluminaran o noso movemento a unha nova e intrépida aventura cheíña de estupendas persoas e magnífic@s profesionais do asombroso mundo da diversidade.

Descubrir e aventurarnos no mundo terapéutico de Movo foi unha das mellores decisións tomadas durante estes aniños porque Icía é inmensamente feliz cada vez que entra na súa senda terapéutica e porque en cada nova aventura vivida neste lugar máxico e natural sempre se produce na pequechiña un gran movemento de aprendizaxe vital que nos invita a seguir soñando.


... agardámosvos no próximo tesouro musical!!!

Ceci Music & Icía Power